Nigrán Dedice acusa ao Goberno local de "poñer en risco a saúde da veciñanza"

José Cuevas, portavoz de Nigrán Decide José Cuevas, portavoz de Nigrán Decide

O grupo municipal de Nigrán Decide pedirá a comparecendia plenaria dos concelleiros de Sanidade e Medio Ambiente ao considerar que "tanto por acción como por omisión", está pondo en risco a saúde da veciñanza "ao permitir o baño en zonas nas que está prohibido pola contaminación".

Lamenta Nigrán Decide que o goberno de Nigrán, "ademais de non prohibir o baño temporalmente en zonas puntualmente contaminadas como aconteceu o ano pasado na praia das Canas, onde a Consellería de Sanidade informou que non se colocara o obrigado cartel indicando a prohibición temporal de baño, promove agora unha actividade acuática na Foz do Miñor, zona altamente contaminada".

Ante esta situación, o grupo municipal de Nigrán Decide pedirá no próximo pleno a comparecencia dos Concelleiros de Sanidade e de Medio Ambiente para que dean explicacións por "poñer en risco a saúde da veciñanza", así como para coñecer as medidas que se están a tomar para preservar o medio ambiente no litoral.

Con esta petición buscvan que  goberno "tome en serio a saúde da veciñanza, así como a loita contra a contaminación do noso litoral", sinala José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide. Con relación á petición de comparecencia do Concelleiro de Medio Ambiente, o grupo municipal de NIGRÁN DECIDE, pretende coñecer as medidas adoptadas polo Concello "para controlar os vertidos que se producen no noso litoral, que ademais de estar pedindo a Consellería de Sanidade, están contempladas no Plan de vertidos aprobado polo pleno do Concello de Nigrán o pasado mes de novembro de 2016", finaliza Cuevas.