I Forum Transfronterizo

Últimos días para inscribirse na popular «VII Nigrán Area»

Concello de Nigrán xunto coa Sociedade Atlética Val Miñor organizan, o 12 de agosto, a séptima edición da Nigrán Area, carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca. O prazo de inscrición remata este mércores 9 de agosto ás 20.00 horas e pode formalizarse ben a través da web www.carreirasgalegas.com, na piscina mancomunada da Ramallosa e, nas categorías menores a veteranos e xuveniles tamén poden anotarse nas oficinas de turismo de Nigrán.

A carreira absoluta (de xuveniles a veteranos e cunha distancia de 6.000 metros) está limitada a mil persoas e ten un custe de 6 euros, ademais, toda a persoa que o desexe poderá colaborar co proxecto de Unicef «Gotas para Nixer» facendo a súa aportación a través da plataforma www.carreirasgalegas.com. Poderán participar federados e non federados.

A proba dará comezo ás 11:00 horas coa categoría cadete seguida de infantil, alevín e benxamín, sendo a absoluta ás 11:45 horas e a continuación a de prebenxamíns (12:30) e pitufos (12:40). Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 h a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min antes da celebración da carreira).

Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia dispoñible durante o evento e servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón. Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín ata cadete e a tódolos pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias. Ademais, premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.