Nigrán da por rematada a humanización da praza de Parada

O Goberno de Nigrán vén de dar por rematados os traballos de humanización da contorna do torreiro de Parada, obra na que o Concello que preside Juan González investiu 91.000 € a cargo do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra. "A tramitación deste proxecto resultou máis tediosa do esperado por ser un espazo especialmente protexido dende o punto de vista patrimonial, polo que requiriu un esforzo importante por parte de tódalas administracións", explicou o rexedor local.

nigran parada humanizacion praza 02

"O resultado final ven a demostrar que os dous anos de tramitación valeron a pena”", sinala Juan González, O proxecto, firmado pola enxeñería 'Piñeiro Fernández S.L.P' e executado por Construcciones Castro, executouse nun mes meses e contempla a recuperación para o uso público de toda a contorna do torreiro entre as rúas Camiño da Igrexa e Santiago de Parada.

nigran parada humanizacion praza 03

Ata agora, este espazo estaba visiblemente deteriorado e envellecido e presentaba distintos tipos de pavimentos e sen iluminación adecuada, evacuación de augas pluviais ou mobiliario urbano. Por este motivo, e co fin de reverter esta situación, o Concello de Nigrán cambiamos a rasante de 'trasdós' do muro de pedra para crear unha única pendente, substituimos parte da calzada de aglomerado por losetas de granito e dotamos de iluminación e mobiliario urbano a toda a parcela, ademais de mellorar a seguridade vial. A intervención permite potenciar o miradoiro, por en valor o muro de pedra actual e na zona de arriba o cruceiro

nigran parada humanizacion praza 04

"Creamos un espazo máis limpo e integrado na que os veciños poderán desfrutar con tódalas prestacións necesarias ao tempo que recuperamos e pomos en valor o patrimonio de Nigrán. A humanización do Torreiro de Parada é unha reivindicación histórica da parroquia e un obxectivo de este goberno no que levamos traballando case dous anos", asegura o alcalde, Juan González.