nadal 2018 nigran

Nigrán habilita os catro primeiros puntos da súa wifi publica e gratuíta

O Concello de Nigrán ven de investir 14.582,34 € na instalación da primeira rede inalámbrica wifi gratuíta en catro espazos públicos do municipio xa operativos e convintemente sinalizados. Os lugares seleccionados neste proxecto piloto do Goberno nigranés son a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa —na contorna do centro da terceira idade—, o Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e as súas inmediacións e a propia Biblioteca Municipal, neste caso o servizo trasladarase á nova cando esta entre en funcionamento.

Os catro puntos elixidos son lugares nos que, habitualmente, concéntrase moitas persoas que precisan de datos para desenvovler a súa actividade tanto de ocio como de estudo. O Goberno que preside Juan González adiantou xa a súa intención de ir ampliando estes puntos de acceso á rede gratuita.

"Concibimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas. A finalidade é contribuír a reducir a fenda dixital que se produce en moitos fogares que non poden afrontar o custe do servizo. Queremos achegar o uso das novas tecnoloxías, forma parte do noso proxecto global 'Un Nigrán para todos', pero non hai que esquecer que beneficiará tamén aos visitantes", subliña o alcalde, Juan González.

wifi gratuita 03

Para acceder a ela, os usuarios deberán rexistrarse previamente a través de correo electrónico, facebook, google+, twitter , sempre con contrasinal. O máximo de conexións simultáneas será de 150, unha vez superada esa cifra as novas solicitudes quedarán en espera ata que estean dispoñibles novamente. Por este motivo, o tempo de navegación estará limitado a unha hora continuada, momento no que o sistema solicitará que o usuario volte a validar a sesión.

A prestación deste servizo wifi conta coas autorizacións pertinentes da Comisión do mercado de telecomunicacións e se acolle as limitacións en canto a tráfico e velocidade dos datos fixados pola mesma dentro da lexislación vixente para Administracións Públicas. O servizo foi instalado pola empresa local 104 Cubes S.L, radicada en Porto do Molle.

Compre sinalar que o Wi-Fi de acceso gratuíto e libre comezou a súa andaina no 2005 en Tallín (Estonia), seguido de Helsinki, Londres, Barcelona... "É unha tendencia imparable, signo de modernidade, á que se irán sumando cada vez máis cidades e pobos, independentemente do seu tamaño", engade González.