nadal 2018 nigran

Nigrán inaugura o acendido de Nadal e unha fin de semana chea de actividades

O Concello de Nigrán inaugura este sábado 1 de decembro a programación de Nadal coa festa de acendido do alumeado que correrá a cargo do pallaso Peter Punk ás 18:00 horas na Praza do Concello, trasladándose a actividade ao Auditorio Municipal en caso de choiva. A programación continuará o domingo, a mesma hora, con contacontos teatralizados a cargo de Voltereta e Volvoreta.

Ao igual que o ano pasado, o nigranés Isaac Rodríguez Miranda, Peter Punk, será o protagonista deste evento dirixido a un público familiar, na que disfrutarán tanto os pais coma os nenos. O artista está considerado o mellor pallaso galego do momento, destacando as súas actuacións polo seu dinamismo, humor traste e malabares, na que a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. Gañador do Mundoclown 2008 e do Festiclown Rivas-Vaciamadrid 2013 e 2014, xirou por Brasil, Arxentina, Palestina, Italia, Portugal e multitude de festivais estatais e galegos. Con mais de 900 funcións realizadas, Peter Punk é un dos clowns de referencia, cun humor fresco sen comparación.

A programación de Nadal continúa o domingo con contacontos teatralizados a cargo de Voltereta e Volvoreta ás 18:00 no Auditorio Municipal. O dúo dará vida a diferentes historietas e invitará ao público a representar conxuntamente un conto improvisado.