Esther Muñiz imparte formación técnica a xogadores e xogadoras do C.B. Nigrán

Os xogadores e xogadoras de categoría infantil do C.B. Nigrán participaron onte nunha sesión de tecnificación organizada polo club e dirixida por Esther Muñiz, adestradora do BBCA de Ferrol. Na sesión estiveron presentes tamén Nuria Gómez, directora deportiva do C.B. Nigrán e Paco Termenón, adestrador do club.

Un total de 17 xogadoras e xogadores traballanro en pista, durante hora e media, para perfeccionar cinco conceptos: paradas nun tempo tras bote, saídas abertas, traballo de bote lateral e a distintas alturas, disociación de pés e mans no bote de balón, no que a defensa atinxe, como utilizar as mans e posicionar o corpo.

O C.B. Nigrán considera "fundamental" este tipo de iniciativas como "complemento á formación dos seus xogadores e xogadoras e está a traballar xa na organización de máis sesións de tecnificación en diferentes categorías con novos conceptos ofensivos e defensivos".