nadal 2018 nigran

Nigrán ofrece un campus náutico infantil de vela e piragüismo

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece a través do Club Náutico de Panxón un Campus de Vela e Piragüismo destinado a nenos de 6 a 16 anos. A actividade desenvolverase en dúas quendas, do 13 ao 17 de agosto e do 27 ao 31 de agosto.

O prazo de inscrición para ambos xa está aberto a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (de 9:00 h a 14:00 h horas), a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 368 365 preguntando por Noelia. O campus desenvolverase de 10 h a 14 h horas e ten un custe de 60 € que se deben abonar no número de conta que o propio club facilitará.