Praia América énchese de música, cor e espectáculo na «Midnight Paint Party»

O Concello de Nigrán ofrece, este sábado 14 de xullo, unha proposta de ocio destinada ao público máis xuvenil e animado e tamén ás familias: a «Nigrán Paint Party» ou Festival da Pintura, un concepto novo de diversión nacido en Ibiza que combinará durante todo o día a música electrónica en directo con choiva de pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais, animación, megatrón... todo iso nun espazo de 1.500 metros cadrados na zona de aparcamento de Praia América-Lourido no que se espera a participació de 3.000 persoas.

O evento, terá sesión infantil gratuíta de 12.00 h a 14:00 horas e para maiores de 16 anos de 15:00 a 23:00 horas, As entradas están á venda dende 10 euros en Woutick ou nesta mesma ligazón.

"Trátase dun evento moi animado que na súa estrena o ano pasado en Nigrán atraeu a milleiros de persoas que gozaron nun ambiente saudable e divertido. Terán cabida as familias completas porque pola mañá, e de xeito gratuíto, haberá unha sesión para os cativos de 12:00 h a 14:00 horas", destaca o alcalde, Juan González.

midnight paint party 2017 02

A «Midnight Nigran Paint Party» é unha experiencia completa onde o público, ademáis de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, baila con DJ’s nacionais e internacionais de primeiro nivel, goza de actuacións en directo, animación, espectáculo pirotécnico... A pintura, a gran protagonista, dispénsase desde oito canóns xunto ao macroescenario, dúas bombas con mangueira e caldeiros.

"A marca «Midnight» é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e acadando o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de ocio nocturno", engade André Vázquez dende a organización.

midnight paint party 2017 03

Os menores de idade (16 e 17 anos) que desexen acudir á sesión de 15:00 h a 23:00 horas deberán presentar á entrada do festival unha autorización dos pais ou titores que poden descargar neste link.