Concerto de Patricia Moon, este venres, na Ramallosa

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece este venres ás 22:00 horas na Ramallosa (Alameda de San Campio) o concerto de Patricia Moon presentando o seu terceiro disco Rock and Love. A viguesa, recoñecida como unha das artistas máis eclécticas nacidas na comarca, mezcla á perfección música clásica e rock con temas en inglés e, por vez primeira, en castelá. Moon estará á voz, violín e teclados acompañada dun batería, baixo e guitarra.

Rock & Love foi gravado en Buenos Aires con Nelson Pombal e músicos de primeiro nivel internacional como o baterista Fernando Samalea (Andres Calamaro, Jorge Drexler, Sabina, Charly Garcia, Cerati, Benjamin Boule e un longo etc...).

Patricia ten formación en violín, piano, canto lírico e composición,con estancias en Madrid, Berlín ou Boston para perfeccionar a súa técnica. Grazas a este gran nivel colaborou con artistas e bandas como Ken Stringfellow, The Posies, Matt Elliott, Los Piratas, Siniestro Total, Eladio y Los Seres Queridos, Fon Román ou O Gran Wyoming e Los Insolventes, ademais de formar parte da banda tributo a Amy Winehouse na xira «You Know I’ m Non Good Tour» en 2017.

A maiores, estivo de xira en Europa, Asia, Latinoamérica e Estados Unidos tanto como solista como formando parte de orquestras ou bandas doutros músicos.