I Forum Transfronterizo

O CB Nigrán abre a inscrición para os tradicionais campus de Gondomar e Nigrán

O Club Baloncesto nigrán vén de abrir a inscrición para dúas das xa tradicionais actividades que o club desenvolve na época estival, os Campus de Baloncesto que se desenvolverán no Pavillón Municipal de Panxón e no Pavillón Municipal de Gondomar. O de Nigrán celebrarase do 9 ao 13 de xullo, mentres que o de Gondomar o fará entre o 30 de xullo e 3 de agosto. En ámbolos dous campus contarase coa presenza de adestradores/as nacionais de baloncesto e profesorado e monitores/as titulados.

O campus de Baloncesto de Nigrán, que conta coa colaboración do Concello que achegará as camisetas, seguro de accidentes e merenda para os participantes, desenvolverase no Pavillón Municipal de Panxón ─e na praia de Panxón para as actividades complementarias─ entre as 10 horas e 14 horas e estará aberto á participación dos nenos e nenas, rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos.

O prezo será de 60 euros, prezo que baixa no caso de participar no mesmo dous irmáns (100 euros) ou 150 euros no caso de que participen tres irmáns.

Ainda que a actividade principal será o baloncesto, o campus desenvolver outras moitas iniciativas que, amais de ser didácticas, son divertidas. Así haberá experimentos de ciencia divertida, conversas en inglés, primeiros auxilios e vendaxes, xogos na praia, grafiti, xogos populares e un roteiro de sendeirismo.

As inscricións poden formalizarse na Oficina de Turismo de Nigrán, dende 15 días antes do inicio do Campus e ata o venres anterior ao inicio do mesmo. e, para calquera información relacionada coas inscricións, interesados e interesadas poden dirixirse ao endereco de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou poñerse en contacto coa Directora Deportiva do Club, Nuria Gómez, no teléfono 647 04 89 66.

Campus Gondomar
O Campus de Gondomar realizará as súas actividades no pavillón municipal e pola beira do río no caso da ruta de sendeirismo, que será unha das actividades que se desenvolvan. A data de celebración será entre o 30 de xullo e o 3 de agosto en horario de 9:30 h a 13:30 horas. A actividade está aberta á participación de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 14 anos.

Ao igual que no caso do Campus de Nigrán, o Concello de Gondomar colabora pagando o seguro de accidentes, mentres que a merenda correrá a cargo do Club Baloncesto Nigrán.

As actividades complementarias que se desenvolvan, amais do baloncesto, serán das mesmas características que as do campus de Nigrán, buscando que os e as participantes conten con actividades lúdico educativas pero, sobre todo, divertidas e que lles fagan pasar un bo rato.

As inscricións, no caso de Gondomar, poden realizarse un mes antes do inicio do Campus no propio Pavillón Municipal de Deportes, ou a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. dende o que se lles enviará aos interesados que o soliciten, a documentación que deberán cubrir.