I Forum Transfronterizo

Os colexios de Nigrán, unha vez máis, exemplo de solidariedade

Representantes de alumnos e profesores dos centros de Educación Especial de Panxón, CPI de Panxón, Escola de Educación Infantil As Dunas (Panxón) e colexio A Cruz (Camos) entregaron onte nos Servizos Sociais do Concello de Nigrán 1.325 euros en vales de supermercado recadados na XIX Carreira Solidaria.

O xa tradicional evento deportivo, organizada polo colexio público de Panxón con motivo da Semana da Paz, contou un ano máis con cadanseu patrocinador adulto por corredor (este 'padriño' paga un prezo previamente acordado entre eles por cada volta ao circuíto completada). O diñeiro recadado, como é habitual, destinouse íntegramente a vales de supermercado que o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán distribuirá entre as familias que o precisan, sendo especialmente indicados para a compra de produtos frescos.

"Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas ao docentes pola organización e aos nenos pola súa participación imprescindible", manifestou o alcalde, Juan González, na recepción.