Nigrán

Familiares de usuarios deo Centro Juan María estrean mañá dúas obras teatrais en Nigrán

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle mañá sábado ás 18:00 horas a estrea de 'Que raio de vellas!' e 'Amor a primera vista', ambas obras de teatro escritas e interpretadas por pais e avós de usuarios do C.E.E. Juan María de Parada. A doble función terá un obxectivo benéfico, xa que se invita aos asistentes a realizar un donativo voluntario de 3 € que se destinará á compra de material para a aula de psicomotricidade.

  • 0

Moción de Nigrán Decide para axilizar a contratación da nova biblioteca

Para facilitar a licitación do contrato de construción da nova biblioteca de Nigrán antes do 30 de xuño de 2018, o Grupo Municipal de Nigrán Decice proporá ao pleno de Nigrán, a delegación das competencias de contratación da nova biblioteca de Nigrán no Alcalde, para axilizar os trámites. "A oposición construtiva que fai Nigrán Decide ─afirma o seu portavoz José Cuevas─ lévanos a dicir que non ao que consideramos negativo para Nigrán, pero tamén a facilitar o que é positivo para o municipio".

  • 0

O CB Nigrán senior, campión da fase de ascenso

O equipo senior do CB Nigrán proclamouse, esta fin de semana, campión da fase de ascenso conseguindo así unha praza na segunda division para a proxima tempada. Malia que aínda queda unha xornada na que deben enfrontarse de novo ao San Cibrao de Ourense, os de nigrán proclamáronse matematicamente campións ao ser o único equipo invicto no que vai de fase.

  • 0

Nigrán inaugura o ventes o novo parque «José Vazquez Grela»

O concerto que o venres ás 21 horas ofrecerán no novo parque «José Vazquez Grela», o acordeonista nigranés Roberto Comesaña ─gañador dun Grammy─ e a viguesa Leni Pérez integrada diversos grupos e que traballou durante 11 anos na TVG, será o prato forte da inauguración deste novo espazo de lecer para a veciñanza de Nigrán.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS