Gondomar

A exposición da Deputación «De Pontevedra a Río 2016» visita Gondomar

A deputada de Deportes, Chelo Besada, acompañada do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, inaugurará mañá mércores 16 de agosto, ás 13:00 horas, a exposición fotográfica «De Pontevedra a Río 2016», organizada pola Deputación de Pontevedra, nun acto que terá lugar no edificio da Policía Local de Gondomar. Esta iniciativa, réndelle homenaxe aos e ás deportistas olímpicos, por unha banda, e paralímpicos e paralímpicas, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos e dos Xogos Paralímpicos en Río de Xaneiro.

  • 0

O CB Nigrán pecha o campus de verán de Gondomar cunha visita dos bombeiros

O CB Nigrán pechou o seu campus de Gondomar cunha visita especial dos Bombeiros, na que os nenos puideron gozar dun refrescante e divertido baño. Do mesmo xeito que fixeron no campus organizado en Nigrán no mes de xullo, esta visita foi un broche de ouro para todos os nenos e nenas. Durante a mañá, e antes da sorpresa final, os nenos traballaron a comprensión e expresión oral en inglés a través de xogos, actividades e unha divertida gymkhana.

  • 0

O AMFIV abre o campus do CB Nigrán en Gondomar

Agustín Alejos, xogador do AMFIV e Chechu Beiro, presidente do club vigués visitaron esta mañá o pavillón de deportes de Gondomar para participar no campus de baloncesto que o CB Nigrán comezou hoxe e que se desenvolverá ao longo de toda a semana. A sesión comezou cunha pequena presentación na que , tanto Chechu como Agustín Alejos, ─xogador internacional español que gañou a medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro ademais do título europeo da CHALLENGE CUP co AMFIV─, explicaron aos máis pequenos a normativa básica do baloncesto en cadeira de rodas e as características das cadeiras de xogo.

  • 0

Gondomar recibe 25.000 euros do «Plan Concellos» para promoción turística

 

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, dúas novas achegas para a vila de Gondomar ao abeiro da liña 2 do “Plan Concellos 2017”. Cun importe total situado en 23.644,48 euros, o concello da comarca de Vigo empregará ambas as dúas partidas a investir na promoción turística e comercial da vila, para o que desenvolverán proxectos como a elaboración dunha guía (que recibe un investimento de 16.396,76 euros).

  • 0

Obradoiros de percusión e skateboard para a mocidade en Gondomar

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, oferta a mocidade para o mes de agosto dúas actividades de ocio alternativo, lúdico e con marcado carácter xuvenil.
Comezaremos do 1-5 de agosto cun obradoiro de percusión dirixido a mozos e mozas entre 10 e 20 anos. A través de elementos como bidóns, cubos de pintura, botellas, latas de conserva os participantes aprenderán a facer unha batucada dando a coñecer a infinidade de elementos que poden ser empregados como instrumentos musicais.

  • 0

Gondomar recupera este domingo a Festa da Rosquilla

As localidades de Gondomar (Galicia) e Gondomar (Portugal) reactivarán este domingo a súa alianza, paralizada desde hai 23 anos, cun acto institucional de irmandamento previsto para as 11 horas na praza do Concello. A corporación da Cámara Municipal de Gondomar encabezada polo seu alcalde, Marcos Martín, asistirá á recepción institucional ofrecida polo rexedor Paco Ferreira e a súa corporación. Aos actos acoden a presidenta da Deputación, Carmela Silva, varios alcaldes da zona e están convidados a subdelegada do Goberno e representantes da Xunta.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS