Baiona

Comezan as obras de prolongación do carril bici de Baiona

Hoxe deron comezo as obras de prolongación do carril bici de Baiona que permitirá conectar o carril que, procedente de A Guarda, remata a preto de 400 metros da entrada de Baiona treito que, ata o de agora, os ciclistas tiñan que facer por unha estrada carente de beiravía o que supuña un alto risco tanto para os ciclistas como para os vehículos que circulan pola zona.

Baiona invítate a sentir a emoción de voar

O Concello de Baiona xunto co Exército do Aire, invitan a todos os veciños e veciñas do municipio e a todos cuantos queiran achegarse ata a vila, a sentir as sensacións que experimentan os pilotos da Patrulla Águila, no simulador de voo C101. Dito simulador estará operativo dende o luns 22 de xuño ata o xoves 25 de xuño. O simulador chega á Vila do Descubrimento con motivo da entrega, o 26 de xuño, do Galardón "Santos Peralba" al xeneral de División do Exército do Aire, César M. Simón López.

Corenta e cinco mil razóns do éxito de Bai de Tapas 2015

A cuarta edición do concurso "Bai de Tapas" pechou as súas portas o pasado domingo logo de vinte e cinco días de duración na que 38 establecementos de Baiona e Sabarís ofreceron as súas creacións a pequena escala e nos que foron servidas máis de 45.000 tapas, segundo datos achegados polos locais participantes. Son 45.000 razóns polas que esta cita gastronómica, logo de catro anos, está plenamente consolidada e conta co apoio de persoas que se achegan á vila de Baiona dende toda a Área Metropolitana

Baiona aposta pola seguridade da súa Policía Local

A Policía Local de Baiona conta, dende hoxe, con chalecos antibala e anticorte de última xeración, que permitirán que poidan desenvolver as súas tarefas cun maior grao de seguridade. No que a dotación de material unipersoal de seguridade, a policía baionesa atópase entre as máis punteiras da Área Metropolitana.

Suscribirse a este canal RSS