Baiona

Carmela Silva: "O machismo négalle ás mulleres o dereito a ser"

“Cando descubrín o feminismo dinme conta que non me ían poder parar, porque tiña un arma que non facía dano, que non mataba, a arma do pensamento feminista”. Carmela Silva fixo unha defensa férrea da importancia do feminismo para a sociedade nun coloquio organizado pola Agrupación Socialista de Baiona. “De nena dicíanme que non preguntase tanto, que non falase tanto, que non me sentase no centro... Pronto entendín que era por ser muller”, contou a presidenta da Deputación de Pontevedra ante un salón ateigado de veciñas e veciños da vila.

Baiona organiza o concurso en instagram «Cambia a Historia» contra a violencia sexual

Baiona, pon en marcha na rede Instagram o concurso «Cambia a Historia» durante a celebración da Festa da Arribada 2019. O concurso forma parte da campaña «Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual», enmarcada no acordo recentemente asinado entre a Vicepresidencia e a Axencia de Turismo de Galicia, e que ten como obxectivo difundir a campaña, tanto nas festas de interese turístico galego, nacional e internacional, como nos festivais acollidos á marca Festgalicia.

O Monte Real Club de Iates súmase á festa da Arribada desde o mar

O Monte Real Club de Iates súmase un ano máis á celebración da Festa da Arribada organizando saídas en veleiro para gozar dos grandes festexos de Baiona, declarados de interese turístico internacional. Todos aqueles que o desexen, sexan ou non socios do club, poderán saír a navegar a vela pola baía baionesa os días venres 1, sábado 2 e domingo 3 de marzo, podendo gozar dos espectáculos da Arribada desde o mar.

Ángel Rodal: “Somos un pobo pequeno cun potencial que xa quixeran municipios máis grandes”

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, asumiu a alcaldía en outubro de 2015 logo de que o alcalde electo, Jesús Vázquez Almuíña, fora nomeado conselleiro de Sanidade. Tiña ante si, Ángel Rodal, o dobre reto de, por unha banda, desenvolver os proxectos xa trazados –ou cando menos esbozados– polo seu predecesor para o mandato que comezaba e, por outra, ser capaz de darlle a ese mandato un selo de identidade propia.

Suscribirse a este canal RSS