Baiona

Ángel Rodal: “Somos un pobo pequeno cun potencial que xa quixeran municipios máis grandes”

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, asumiu a alcaldía en outubro de 2015 logo de que o alcalde electo, Jesús Vázquez Almuíña, fora nomeado conselleiro de Sanidade. Tiña ante si, Ángel Rodal, o dobre reto de, por unha banda, desenvolver os proxectos xa trazados –ou cando menos esbozados– polo seu predecesor para o mandato que comezaba e, por outra, ser capaz de darlle a ese mandato un selo de identidade propia.

A Capitanía Marítima de Baiona acolle a presentación da «Arribada» 2019

A Capitanía Marítima de Baiona acollía, na mañá de hoxe, a presentación oficial vixésimo cuarta edición da Festa da Arribada, declarada Festa de Interese Turístico Internacional e que, ano a ano, segue medrando non só no número de actividades, senón na importancia e calidade das mesmas. Aínda que oficialmente a festa comezará o venres, 1 de marzo, o vindeiro xoves 28 de febreiro arranca o VII Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos de España coa charla «¿Sabía Colón onde ía?» a cargo do premio Plantea 2017, Javier Sierra.

Alumnado da Escola de Vela Adaptada do Monte Real reforesta Baiona con árbores autóctonas

Unha vintena de alumnos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Iates, acompañados por un grupo de voluntarios, autoridades e membros do club plantaron, este mércores en Baiona, 200 árbores autóctonas. Fixérono co obxectivo de reforestar e devolver vida a un terreo próximo á Virxe da Roca, un dos monumentos máis destacados da vila mariñeira, que quedara calcinado na vaga de incendios rexistrada en outubro de 2017.

O Concello de Baiona cancela a conferencia de Sánchez Dragó

O Concello de Baiona, nun escueto comunicado, vén de informar da cancelación da conferencia que tiña previsto impartir Fernando Sánchez Dragó, baixo o título «¡Y allá, a su frente Estambul!» o xoves 16 de maio, dentro do VII Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos de España-526 Aniversario da Arribada. A charla de Sánchez Dragó foi criticada, dende o momento en que se fixo pública a súa participación, por diversos colectivos, partidos e asociacións.

Baiona presentou a campaña «Agresión OFF, eu digo non á violencia sexual»

O Concello de Baiona presentou hoxe a campaña «Agresión OFF, eu digo non a violencia sexual” nun repleto salón de actos do CPI Cova Terreña. A campaña está enmarca como unha liña de actuación da área de prevención no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e busca sensibilizar á cidadanía, especialmente ao sector máis novo, ante a celebración inminente dunha festa de participación multitudinaria como é a Festa da Arribada.

Baiona desenvolverá unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero na «Arribada»

O Concello de Baiona, está inmerso na elaboración dunha campaña de sensibilización contra as agresións sexistas que poñerá en marcha durante a celebración da Festa da Arribada. Desde a área de igualdade están a manterse reunións con distintos colectivos para ultimar os preparativos da iniciativa e implicar a distintas entidades. A campaña  «AgresionOFF. Eu digo non á violencia sexual» ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía, especialmente á mocidade, no rexeitamento cara ás manifestacións de violencia contra as mulleres, impulsando unha posición activa fronte ás condutas sexistas.

Suscribirse a este canal RSS