Baiona presenta o programa «Conciliación Nadal 2017»

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, presenta o programa «Conciliación NADAL 2017», que ten como obxectivo promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.

O programa, cofinanciado polas familias participantes e o Concello de Baiona, está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 a 12 anos e desenvolverase os días 22, 26, 27, 28, e 29 de decembro de 2017 e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 no CPI Cova Terreña en horario de 9:00 h a 14:00 h. No que ao horario fai referencia, se as necesidades dos proxenitores así o esixisen, poderán ter acceso ao programa a partir das 8 horas e con saída ás 15 horas.

Para poder participar neste programa, unha das persoas proxenitoras ou titoras debe estar empadroada no municipio con data anterior a esta convocatoria (non é necesario acreditalo. O Concello verificará que a persoa solicitante está empadroada no municipio) ou que a nena ou neno para o que se solicite praza estea escolarizado/a en o curso escolar 2017-2018 nun centro educativo do municipio de Baiona. Ademáis os nenos e nenas participantes terán que ter nado entre os anos 2006 e 2014.

O prazo para levar a cabo as solicitudes empeza o vindeiro luns, 13 de novembro, e prolongarase ata o luns 27 de leste mesmo mes, ambas as datas incluídas. As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude de inscrición (Anexo I) debidamente cumprimentada e asinada, xunto coa documentación requirida no punto 11 da convocatoria, no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h. ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona ata as 14:00 horas do luns 27 de novembro.

O prezo público a pagar polas persoas usuarias é de 25 euros neno/a, de conformidade co establecido no artigo 7 da Ordenanza reguladora do prezo público esixido pola organización de cursos, talleres, programas e actividades deportivas, sociais, festivas e culturais do Concello de Baiona.

As bases da Convocatoria están dispoñibles na páxina web do Concello. Tamén na oficina de rexistro do Concello de Baiona situado na planta baixa da Casa Consistorial, rúa Rúa Lorenzo da Carreira, S/n, 36300 Baiona, Pontevedra. Para máis información os interesados e interesadas poden dirixirse ao CIM no teléfono 986 35 75 54