Escolares de Baiona participan en “O sabor da aventura está no mar”

Ao redor de 50 alumnos do CEIP Sabarís participaron na actividade «O sabor dá aventura está no mar», organizada polo Concello de Baiona en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia. A actividade iniciouse cunha vista ao porto baionés, e un percorrido para coñecer as embarcacións e as artes de pesca que empregan os mariñeiros no seu traballo diario.

Posteriormente, o alumnado visitou o edificio da lonxa, no que aprenderon sobre as especies capturadas na zona, as diferentes artes de pesca empregadas e a etiquetaxe dos produtos pesqueiros. Como broche final á súa visita á lonxa os escolares simularon unha poxa ficticia.

o sabor do mar 2017 01

Xa no Museo Casa da Navegación, os e as escolares tiveron a oportunidade de coñecer todo o relacionado con Colón e a súa viaxe, así como as artes de pesca empregadas na época e a importancia histórica da vila de Baiona. Para terminar a xornada, desprazáronse ata a Praza de Abastos de Sabarís onde tomaron contacto coa grande variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do consumidor, a etiqueta dos produtos e os aspectos que determinan a súa frescura.

Ademais, os pequenos e pequenas coñeceron e a puxeron en valor as características do comercio comerciante polo miúdo de Baiona e a actividade diaria dunha praza de abastos. Na última parte da visita, coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, tivo lugar a elaboración e degustación pratos a base de produtos da terra e mar, onde cobrou especial protagonismo a participación dos nenos e nenas.