Baiona acolle o Obradoiro Interxeneracional «Fotografías para o recordo»

O Concello de Baiona en colaboración coa Deputación de Pontevedra, desenvolverá todos os sábados, entre o 28 de outubro e o 9 de decembro, de 10 h a 12:30 h, no Centro Multiusos Anxo Bedriñana, o taller interxeracional «Fotografías para o recordo». A actividade ten lugar ao abeiro do programa «Tecendo Lazos», iniciativa de lecer e tempo libre que ten como finalidade finalidade é reforzar os lazos afectivos entre distintas xeracións.

Así, nas actividades deste obradoiro poderán participar distintas xeracións dunha mesma familia: pais e fillos, avós e netos, tíos e sobriños, ect. entre os 10 e os 99 anos.

O Concello de Baiona anima a toda a veciñaza a participar coa familia, levar a súa propia cámara de fotos e pasar un momento divertido cos teus seres queridos. Como complemento a esta actividade, realizaranse saídas guiadas para coñecer o patrimonio cultural de Baiona a través da fotografía.

A actividade é totalmente gratuíta e para máis información sobre a mesma, veciños e veciñas poden dirixirse á OMIX de Baiona ou ao teléfono 986 385 925. A instrición estará aberta ata o 18 de outubro.