Baiona leva a fibra óptica ás súas parroquias

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, na reunión mantida cos representantes da empresa instaladora O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, na reunión mantida cos representantes da empresa instaladora

Grazas á inclusión no «Plan Banda Longa de Nova Xeración» da Administración Xeral do Estado e do «Plan Banda Longa 2020» da Xunta de Galicia, diversas parroquias do Concello de Baiona poderán comezar a gozar do acceso ultrarrápido e internet. As primeiras en beneficiarse  son, por unha banda, Igrexa, Cancelo, San Antón e Caeiro, e doutra banda Eidos, Fontes, Laxes, Rocamar, Covaterreña, Percibilleira, Medialdea, Urgal, Area, Xuncal, Outeiro, Ponche Novo, Sabarís e Viso de Calvos.

Segundo reunións mantidas por parte do alcalde e membros da empresa instaladora, está previsto que estas dúas primeiras fases queden concluídas antes de finais deste 2019.

En novembro de 2018 o Estado concedeu novas subvencións para que se realicen actuacións que permitan o despregamento destas redes nas parroquias do Burgo, Cruceiro ( Bahíña), Río, Portelos, Ponche, Estivada, A Granxa, Bouzós, Cruceiro (Santa Cristina), Devesa, Ladeira, Morade, Ribeira e Sopegal, que se verán reflectidas antes de finais de 2020.

Tamén está prevista a canalización subterránea do cableado no tramo comprendido entre o Rompeolas e a rotanda de acceso á autoestrada de Baredo, para a eliminación do cable aéreo que discorre polas comunidades de montes de Baiona e Baredo.

Ángel Rodal subliña que "en pleno século XXI, a posibilidade de ter unha comunicación fluída e de alta calidade é primordial", polo que o alcalde de Baiona sinala que "poder ofrecer unha nova instalación de fibra óptica, é fundamental para o desenvolvemento e crecemento de Baiona".

Desde o Concello, sinala o rexedor local, "seguirase traballando para que este tipo de actuacións non se paralicen e continúen expandindo a fibra óptica por todos os recunchos para que todos os veciños e veciñas dispoñan dunhas conexións de calidade".