Baiona acolle, este domingo, o XX Cros Escolar do Val Miñor

O vindeiro domingo día 13 de Xaneiro, a partir das 10:45 h, o antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, no concello de Baiona, acollerá a vixésima edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. 

A proba, organizada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do concello de Baiona, que dirixe María Jesús Martins Passos, englóbase no programa de Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

Os centros participantes nesta proba serán o Ramiro Sabell, Mestre Goldar, Cruza-Camos, Párroco D. Camilo, Educ. Infantil Torreiro, Covaterreña, Galiña Azul de Baiona, Sabaris, Fontes, Borreiros, Villalaura, Panxón, Terras de Turonio, Mestre Garcia, Agrupación Picacho, Oia, Barrantes, Agro do Muiño, Doctor Fleming, Chouzo, Monte Guia, Car Redondela, Club Trega, Areal Sabaris, Estudio, Maristas, Cluny, Apostol Santiago, Rosalia de Castro, Humberto juanes, SDA San Miguel, Belesar, Auga da Laxe, Chano Piñeiro, Souto Donas, Comesaña Sporting Club, Colegio Monterrey, Carlos Casares, 1º Marzo, Divino Salavador, Salesianos, Agro Baredo, SA Val miñor, F-sala Bahiña, Serra Vincios, CSRD Beade, Anxo da Garda, Tuy, Club Atletismo Porriño e Colegio Mallon.

As probas disputaranse nos horarios específicados no seguinte cadro.

baiona cros escolar 2019 cadro

A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona continua así a súa programación deportiva do Deporte en idade Escolar realizou "un chamamento a todas as nais e pais, nenos e nenas para que se animen e participen nesta nova edición do cros escolar". A organización ás e aos participantes produtos Coca Cola, Rosquillas Cristaleiro e un agasallo conmemorativo a todos os escolares como compensación ao esforzo realizado.

A proba conta, para o seu correcto desenvolvemento, coa colaboración de Protección Civil Val Miñor, Policía Local, Garda Civil, Cruz Vermella, Juan Lazaro Médico, Pena Moteiros Val Miñor, Sociedade Atletica Val Miñor e a concellería de Medio Ambiente e Vías e Obras do concello de Baiona para albergar unha autentica festa do deporte para todos os escolares do Val Miñor.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao pavillón de Deportes Municipal de Baiona, chamar ao teléfono 986 356 558 ou dirixirse ao enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.