Corporación de Baiona e Club de Atletismo 'enfrontaranse' nun encontro de fútbol sala solidario

O Pavillón Municipal de Baiona será escenario, o sábado 29 de decembro ás 18 horas, dun encontro de fútbol sala algo que, en principio, non sería de estrañar. Xa chama máis a atención e a curiosidade do veciño e veciña, cando un dos equipos que vai disputar o encontro é o formado pola Corporación Municipal e o outro polos compoñentes do Club de Atletismo que o fai excepcionalmente ben pero noutra especialidade deportiva que nada ten que ver co fútbol sala.

O encontro ten como obxectivo a recollida de xoguetes e alimentos que serán entregados a ONG 'Ayuda al Mundo Necesitado' de Baiona. Será un bo momento para 'calibrar' o estado de forma e nivel competitivo da Corporación Municipal ao enfrontarse cun equipo que, se ben no está na súa especialidade, supónselle, cando menos, máis 'fondo físico'. A veciñanza de Baiona e todos aqueles e aquelas que se queiran achegar e contribuir a unha causa solidaria pasarán, sen dúbida, un rato divertido.