'Can I help you?' curso gratuíto de inglés para mellorar á atención aos turistas

De esquerda a dereita, María Iglesias, tenente de alcalde do Concello de Baiona; Ángel Rodal, alcalde de Baiona; Loreto Valenzuela Leyenda, directora de 'Royal Celtic Bay' e Marcos Comesaña, presidente de ACEBA De esquerda a dereita, María Iglesias, tenente de alcalde do Concello de Baiona; Ángel Rodal, alcalde de Baiona; Loreto Valenzuela Leyenda, directora de 'Royal Celtic Bay' e Marcos Comesaña, presidente de ACEBA

Podo Axudarche?, é un lema que serve para definir a esencia deste curso gratuíto que a empresa Royal Celtic organiza en colaboración con ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona) e o Concello de Baiona no seu 30 Aniversario. Trátase dunha actividade formativa, gratuira e orientada ao sector empresarial e comercial de Baiona amais dos traballadors do Concello. E o xeito, sinalaban na presentación, "que Royal Celtic ten de poñer o seu gran de area á Excelencia Turística da Real Vila".

O curso, dun mes de duración, terá clases os martes e xoves ás 20:30 horas na Capitanía Martítima e todos os interesados e interesadas poden reservar praza en ACEBA, hai 50 prazas dispoñibles para esta actividade que será amena, simple e práctica e que busca mellorar a comunicación cos turistas que cheguen a Baiona e que permitirá axudar aos e ás visitantes no que estes requiran. Isto, sinalan os organizadores, contribúe a lograr que os e as turistas "márchense cunha sensación aínda mellor do noso pobo ademais de poder potenciar os recursos que ofrece Baiona con maior entendemento".

O presidente de ACEBA, Marcos Comesaña, salientaba a importancia desta iniciativa "froito da colaboración entre asociación de empresarios, Concello de Baiona e Royal Celtic Bay"  e tiña palabras de agradecemento para a Loreto Valenzuela Leyenda, directora e fundadora de Royal Celtic Bay, unha empresaria, sinalou Comesaña, "que soubo entender que no século XXI o sector empresarial debe de estar unido e traballar en equipo, que é a maneira de que a roda da economía móvase creando á súa vez postos de traballo, unha empresaria que desde os seus inicios forma parte da asociación e colabora en todas e cada unha das iniciativas, que sempre sumou de maneira construtiva ao grupo deixando a crítica e apoiando sempre a ACEBA".

Marcos Comesaña salientaba o feito de que "a sua visión empresarial foi quen de converter a súa empresa inicial nun gran grupo empresarial con tres centros xa, nos municipios de Baiona, Gondomar e Tomiño".

Unha vez máis Loreto e Royal Celtic Bay —engadía o presidente dos empresarios e comerciantes de Baiona— "contou con ACEBA, que á súa vez foi interlocutor co Concello de Baiona para ofrecernos un produto exclusivo para socios e funcionarios que ten unha importante relevancia para o desenvolvemento turístico da vila e está directamente ligado ao sector empresarial e ao Baiona do futuro".

Doutra banda, o Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, cualificaba o proxecto como “unha magnifica iniciativa que está seguro será un rotundo éxito, ademais chega nun momento idóneo, xa que nestes últimos anos os visitantes estranxeiros incrementáronse exponencialmente, sobre todo co Camiño Portugués da Costa, que no último ano converteuse no segundo camiño con máis número de Peregrinos. Será moi beneficioso para empresarios e traballadores públicos que mellorarán o servizo e atención aos estranxeiros”