A Biblioteca Pública de Baiona acolle o espectáculo de maxia «Xogando coas palabras»

O vindeiro mércores, 10 de outubro ás 18 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Baiona acollerá a actividade «Xogando coas palabras» a cargo do mago Javier Muro. Trátase dun espectáculo onde as palabras, os números e as letras escollidas polos nenos e nenas ao azar, van creando auténtica maxia para ledicia dos e das asistentes.

Utilizaranse as palabras dos libros para descubrir que, tal vez, o futuro xa estaba escrito. Coa data de nacemento dos nenos e nenas, descubrirase o poder dos números e que relación hai coas palabras. E serán eles os que fagan a maxia, porque sen saber como, realizarán o espectáculo.

A actividade é para nenos e nenas a partir de seis anos e a entrada é gratuíta ata completar aforamento. Comezará ás seis da tarde e terá unha hora de duración.