Éxito do Torneo de Baloncesto 3x3 de Baiona

Baiona acollía, na fin de semana e no céntrico parque da Palma, o tradicional torneo de Baloncesto 3x3 organizado conxuntamente pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona e o Club Baloncesto Baiona. O torneo foi, como habitualmente acontece, un éxito de participación xa que contou cun total de 20 equipos inscritos na categoría de adultos, 4 na de veteranos, 12 equipos na categoría sub16 e 4 na sub12, así como un torneo na categoría especial.

Foron en total 250 deportistas e máis de 90 partidos disputados ante un elevado número de espectadores que puideron gozar da espectacularidade da modalidade do 3x3 de baloncesto.

Categoría Senior
Campión: Porriño Team. Subcampión: Bayver. Semifinalistas: Fofinitos e Azuquita.

Categoría Veteranos
Campión: Rouge Vintage. Subcampión: Tira de Cerveza Tarzán. Semifinalistas: Me gustan los mayores e Xoán Xardín

Categoría Sub 16
Campión: Maike Asoma. Subcampión: Orlando Magic. Semifinalistas: Azuquita e Al Partinho.

Categoría Sub 12
Campión: Sedona Team. Subcampión: Team Lebrom. Semifinalistas: Rouge Mini e Patos Star Team

Categoría Especial-Torneo Campuzano
Los Laikers de Baiona e Los Bulls de Baiona