Baiona ultima os preparativos da «Andar e Correr 2018»

A concellería de Deportes e Actividades marítimas do Concello de Baiona, organiza un ano máis, unha nova edición da tradicional Carreira Pedestre popular «andar e correr» que terá lugar o 19 de agosto e que, con esta, acada xa a súa trixésimo cuarta edición. O reto para este ano, e acadar ás 2.000 inscricións e, por iso, o Concello anima a toda a veciñanza e visitantes que nesta época pasan as súas vacacións na Real Vila, a participar nesta auténtica festa do deporte.

A proba, de 10 quilómetros de percorrido, conta cun atractivo trazaso que pasa polas rúas máis emblemáticas da vila e pasa pola zona vella, o que fai desta carreira algo especial.

A proba dará comezo ás 10 horas do 19 de agosto con saída no Parque da Palma. Primeiro sairán as categorías dos máis pequenos, así ás 10 h o farán os benxamíns (7-9 anos), cunha distancia de 750 metros; ás 10:10 h será a saída da categoría alevín masculino (10-12 anos), cunha distancia de 1.500 metros; ás 10:20 h prebenxamíns (5-6 anos), cunha distancia de 400 metros; ás 10:30 h chupetes (4 a 2 anos), cunha distancia de 80 metros; ás 10:45 h será a quenda de alevín feminino (10-12 anos), cunha distancia de 1.500 metros.

andar e correr saida peques 2017

A partir das 11.00 h tense previsto desde a entrada ao Parador Conde de Gondomar, dar a saída á carreira de adultos (Categorías Infantil, Cadete, Junior, Sénior A, sénior B, Veteranos A, B e C) cun percorrido de 10 quilómtros, unha vez finalizada a mencionada carreira farase entrega dos trofeos e agasallos a todos os participantes.

Os servizos dos que dispón a carreira van desde o sistema informático para ofrecer tempos e clasificacións a todos os participantes, a servizo de duchas no Complexo deportivo de Aral fontiñas, Pavillón Municipal e as atencións médicas de ambulancia, médicos e protección civil, chegando á cifra de 120 persoas involucradas na organización e control da carreira.

As inscricións estarán abertas ata o dái 15 de agosto ás 24 horas no portal www.andarecorrer.com. O prezo para as inscripiones ata o 13 de agosto é de 5 € só para os que corren a carreira de 10 km, os nenos e nenas terán inscrición totalmente gratuíta. O prezo da inscrición aumenta ata os 8 € para as persoas que se apunten os días 14 e 15 de agosto.

A recollida de dorsais establécese para os días 17,18 e 19 de agosto na oficina do Pavillón de deportes Municipal, tendo que presentar os corredores da carreira do 10 quilómetros o xustificante de pago para a retirada do seu dorsal.
Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes Municipal ou chamar ao teléfono 986 356 558.