Baiona abre o prazo de matrícula para a Escola de Música

O Concello de Baiona vén de dar conta da apertura do prazo de matrícula para a Escola de Música Municipal para o curso 2018/2019. Interesados e interesadas terán de prazo ata o día 31 de xullo en horario de 9:00 h a 14:00 h. A inscrición realizarase no propio centro situado na rúa Alferez Barreiro nº 20-21, onde terán acceso aos impresos correspondentes.

Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é ideal para os máis pequenos xa que aprenden, de forma dinámica e lúdica, os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías...

A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: piano, guitarra, violín, viola, canto lírico, canto pop, frauta travesera, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión e gaita. Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse ao teléfono 986 35 60 81