I Forum Transfronterizo

O alumnado do CPI Cova Terreña participa nun singular pleno no Concello de Baiona

O salón de Plenos municipal acolleu, o martes 12 de xuño, un Pleno infantil no que participaron 45 alumnos do curso de cuarto de Primaria do «CPI Cova Terreña de Baiona». O alcalde, Ángel Rodal, e a concelleira de Educación, Beatriz González, daban a benvida ao alumnado ás dependencias municipais e explicáronlles o funcionamento dunha sesión plenaria. A continuación, nenos e nenas elixiron a un alumno como alcalde e a outros compañeiros como representantes da oposición para logo, cada un deles, elixir os membros do seu equipo.

Como corresponde a calquera sesión plenaria, o Pleno infantil tivo tamén unha secretaria e a unha interventora elixida polo alumnado. O resto de nenos e nenas realizaron o papel de público.Os estudantes acudiron acompañados pola directora do centro, Isabel Martínez Cabaleiro, e as súas titoras.

O alumno/alcalde elevou unha proposta a este peculiar Pleno e o resto de nenas e nenos que formaban parte da Corporación, expuxeron os seus argumentos a favor e en contra.

pleno infantil covaterrenha 01

Finalizadas as intervencións, Rodal e González felicitaron aos nenos e nenas polo bo traballo realizado, pero, sobre todo, quixeron mostrar a súa satisfacción ante o talante e a capacidade de dialogo do alumnado. Tamén neste sentido, a concelleira de Educación dixo sentirse "emocionada pola claridade de ideas que amosáchedes sobre temas relativos á educación e ao voso centro de estudos".

A última parte do pleno foi para as preguntas onde, novamente, os pequenos e pequenas deron renda solta á súa imaxinación.

O obxectivo desta actividade coordinada pola Concellería de Educación e a dirección do centro é que, ademais de permitir que o alumnado coñeza as dependencias municipais, familiarízanse tamén, dunha maneira divertida, coa política municipal que é a que máis lles pode afectar. O alcalde e a Concelleira de Educación asistiron ao Pleno e afirmaron estar moi atentos as propostas, aínda que moitas delas eran moi “ fantasiosas”.

Ao longo do mes de xuño o Concello recibirán a máis alumnado dos diferentes centros de educación primaria de Baiona. Outros centros deixaron para o mes de outubro esta actividade coordinada entre a Concellería de Educación e a dirección dos centros de educación primaria.