Baiona abre a inscrición para o tradicional Certame de Alfombras Florais do Corpus

O Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) veñen de convocar unha nova edición do tradicional certame de alfombras florais do Corpus, que adobiarán o percorrido da procesión, que se desenvolverá o domingo 3 de xuño, tras a misa das 12:00 horas na Igrexa de Santa María de Baiona.

Acto seguido sairá a procesión polas rúas do centro histórico da Real Vila coa celebración da tradicional da «Danza dás Espadas» e a participacipación da banda de música de Baiona. A comitiva discorrerá por sete cales baionesas, que lucirán as tradicionais alfombras florais do Corpus: Manuel Valverde, San Lorenzo, Conde, Ventura Misa, Lorenzo da Carreira, San Xoán-Laxe e Santa Liberata.

As axudas concedidas serán de 200 euros por cada tapiz que teña un mínimo de 40 metros de lonxitude e 50 euros por alfombra na zona dos altares (cunha dimensión de 3×3 metros). Aquelas persoas que queiran participar deberán inscribirse antes do 1 de xuño de 2018 no Rexistro da Casa do Concello, en horario de 9 h a 14 h, ou na sede electrónica do Concello: baiona. sedelectronica.gal.

Despois da recollida de flor, a confección comezará a véspera da procesión a partir das 22:00 horas do sábado 2 de xuño, cando se pechará ao tráfico todas as zonas sinaladas para poder traballar toda a noite.