Baiona

Baiona organiza un obradoiro de «Xestión das emocións a través do teatro»

A Concellería de Igualdade de Baiona, a través do Centro Municipal de información á muller de Baiona, abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro «Xestión das emocións a través do teatro», unha iniciativa que busca que as participantes desenvolvan o coñecemento de si mesmas e a comunicación, a través das diferentes dinámicas teatrais.

Carmela Silva: “Ningunha outra administración investiu tanto no Val Miñor como a Deputación”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer hoxe, nunha rolda de prensa celebrada no hotel Bahía de Baiona, os investimentos realizados pola administración provincial durante estes tres anos nos tres concellos que conforman o Val Miñor —Baiona, Gondomar e Nigrán—. Non dubidou a presidenta provincial en asegurar que se trataba “do maior investimento da historia da Deputación” e, para os escépticos, engadía que non era unha afirmación gratuíta senón de datos "facilmente comprobables nos orzamentos dos anos 2016, 2017 e 2018”.

A Deputación facilita, en 24 horas, a apertura do campo do Aral en Baiona

O deputado e voceiro do goberno da Deputación de Pontevedra, Carlos Font, confirmou hoxe que a institución provincial facilitou en 24 horas unha solución ao concello de Baiona para que poida proceder á inmediata reapertura do campo de O Aral. O obxectivo era resolver o conflito creado ao club Erizana polo atraso das obras da reforma do estadio, que leva a cabo o Concello e que unicamente competen á Deputación en canto a que son financiadas con cargo ao Plan Concellos.

Beatriz González abandona o grupo muncipal popular de Baiona e será concelleira non adscrita

A concelleira —exconcelleira xa— do grupo municipal do PP, Beatriz González Pérez, que ata o de agora xestionaba as concellerías de Turismo, Educación, Novas Tecnoloxías, Mocidade e Consumo, solicitou na mañá de hoxe a súa baixa no Partido Popular e  como concelleira do Grupo de Goberno. Segundo sinala Beatriz González, "logo dunha longa reflexión tomei a decisión de non rematar esta lexislatura no grupo municipal do PP, senón facelo como concelleira non adscrita".

Baiona, en colaboración coa Deputación, organizan o obradoiro «Patchwork do Nadal»

O Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra veñen de anunciar a organización dun obradoiro que, baixo o título «Patchwork do Nadal» desenvolverase os días 10,12,14 e 17 de decembro (de 17  a 20 h) e o 19 de Decembro (de 17 h a 21 h) no Centro Multiusos Anxo Bedriñana de Baiona. Ao desenvolverse a actividade en datas tan próximas ao Nadal as e os participantes aprenderan a elabora, coa técnica patchwork, adornos e agasallos propios destas datas.

Suscribirse a este canal RSS