O Okofen colócase líder da liga de Outono AXA J80 na súa xornada inaugural

O Okofen colocouse este sábado líder da liga de Outono AXA J80, a competición de monotipos do Monte Real Club de Iates que celebrou esta tarde a súa xornada inaugural en Baiona. A tripulación liderada por Javier de la Gándara, que partía como favorita, colocouse na cabeza da clasificación asinando un pleno de vitorias nas tres regatas disputadas cun vento que chegou ata os 25 nós, complicando a navegación dos veleiros por momentos.

  • 0

UCN solicita bonificacións fiscais para as vivendas afectadas polos incendios forestais do 2017

O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán ( UCN), Antonio Fernández Comesaña, propón unha moción a debater no pleno ordinario de outubro, na que se suxire a aprobación dunha exención ou bonificación fiscal ás familias afectadas polos desgraciados incendios producidos nas parroquias de Parada, Camos e Chandebrito o ano pasado, e que nalgúns casos foron afectadas tanto vivendas como dependencias anexas.

  • 0

Nigrán organiza unha andaina polo futuro Parque Forestal Táboas-Os Matos este luns

O Concello de Nigrán organiza este luns, coincidindo xusto co primeiro aniversario dos incendios, unha andaina polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas, situado entre as parroquias de Camos e Chandebrito. A andaina partirá ás 17:00 horas da Igrexa do Cemiterio de Camos (rúa do Sobral) e terá unha duración aproximada de dúas horas, estando guiada por Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra.

  • 0

Nigrán organiza este domingo en Chandebrito unha homenaxe no primero aniversario dos incendios

O Concello de Nigrán, a Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación de Veciños 'O Castro' organizan este domingo na parroquia un acto de homenaxe no primeiro aniversarios dos incendios que arrasaron a contorna e causaron dúas vítimas, Angelina e Maximina. A celebración arrancará o domingo 14 de outubro ás 19:00 horas na contorna do 'Bosque da Memoria', unha reforestación feita hai meses detrás do Castro de Chandebrito e onde se instalará unha carpa ante a posibilidade de choiva.

  • 0

Nigrán únese mañá sábado ao IEM na conmemoración da "Volta dos nove"

O Concello de Nigrán únese mañá sábado ao Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) na conmemoración do 82 aniversario dos asasinatos na coñecida como ‘Volta dos nove’, onde morreron 6 veciños do municipio e 3 de Baiona. Así, o alcalde e membros do goberno local participarán ás 11:30 h no acto no cemiterio de Sabarís, onde están soterrados os irmáns ‘Ineses’, e ás 11:45 horas na curva da bombardeira de Baredo, onde os mataron. Finalmente, o rexedor acudirá cunha comitiva a depositar un ramo no ‘Xardín da Memoria’, onda o pavillón de Panxón.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS