Redacción

Redacción

URL del sitio web:

Carmela Silva en Salceda: "As mulleres estamos fartas de minutos de silencio"

O nome de Laura Luelmo, a moza asasinada en El Campillo, foi esta mañá protagonista en Salceda de Caselas na intervención da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que fixo unha rotunda apelación contra as violencias sobre as mulleres e un berro de profunda carraxe contra o machismo, antes da acción artística de 'Mulleres en acción. Violencia Zero'. Silva confesou que “hoxe estou enfadada, indignada, cabreada, farta, ata as narices do machismo".

Tomiño remodela un segundo mercado municipal, na parroquia de Goián

Os veciños e veciñas de Goián, a segunda máis habitada de Tomiño, estreará o vindeiro A 22 de decembro, un mercado renovado e especializado en produtos da terra. Unha nova aposta do Concello de Tomiño que pretende dar un paso mais na defensa dos produtores locais e dos produtos de proximidade.

  • Publicado en Tomiño

Setecentas sinaturas respaldan a petición de saneamento para Ribadetea

Na mañá de hoxe, representantes da Plataforma para o Saneamento de Ribadetea, presentaron no rexistro do Concello casi 700 sinaturas recollidas entre os veciños da parroquia respaldando un escrito dirixido á Augas de Galicia no que reclaman o saneamento para toda a parroquia. Cabe salientar o elevado número de sinaturas recollida se se ten en conta que Ribadetea conta cun censo de 900 habitantes e só se recolleron sinaturas entre a veciñanza maior de idade. 

Suscribirse a este canal RSS