Redacción

Redacción

URL del sitio web:

A Deputación achega máis de 81.000 euros do «Plan Concellos» a Gondomar

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por Resolución Presidencial novas achegas ao concello de Gondomar, no marco do “Plan Concellos 2017”, dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 81.414,77 € para actuacións de eficiencia enerxética e xestión intelixente en bombeos de augas residuais do concello e para a merca dunha miniexcavadora.

Eva García e o presidente de Sogacsa, asinan un convenio de formación laboral

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o presidente de Sogacsa, César Fernández Álvarez, asinaron este venres un convenio que permitirá que 15 persoas do Porriño en situación de desemprego, participen nun programa formativo, que combina instrución teórica e prácticas non laboráis, que terán coma finalidade a posibilidade de que os participantes nesta iniciativa, poidan entrar a traballar na propia empresa.

Agracedemento de Carmela Silva a concellos, veciños, corpos de seguridade e bombeiros

A presidenta da Deputación trasladou hoxe a todos os concellos e colectivos que traballaron na loita contra os terribles incendios dos últimos días o agradecemento da institución e de toda a provincia de Pontevedra aos alcaldes e alcaldesas dos concellos afectados, ao seu persoal, a súa veciñanza, aos corpos e forzas da seguridade do estado e aos efectivos do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento “polo seu enorme esforzo e solidariedade”

Suscribirse a este canal RSS