Alfredo Estévez

Alfredo Estévez

URL del sitio web:

Un so pediatra en Ponteareas para atender a 4.000 nenos e nenas

A falta pediatra en Mondariz, "en tanto non se resolva o proceso do concurso de traslado", que dada a rapidez na que anda a Administración, ninguén sabe o que pode durar, ten xa os seus «efectos secundarios» dos que xa advertían nais, pais e administracións locais: o colapso da consulta de pediatría de Ponteareas que, por se fora pouco, contou cun só facultativo para atender na semana do 3 ao 7 de decembro a unha poboación de  4.000 nenos e nenas.

Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo piden na rúa unha solución para o servizo pediátrico

Cando unha situación vólvese insostible, só unha resposta social, unánime e sen fisuras de ningún tipo, pode axudar a resolvela. Hoxe a veciñanza de Mondariz gritou un "basta xa" á desasistencia sanitaria en pediatría que teñen que sufrir as familias, non só do propio Mondariz, senón tamén as de Mondariz Balneario e Covelo. Veciñas e veciños, partidos políticos, asociacións sociais, culturais e veciñais concentráronse hoxe á mañá diante do Centro de Saúde para amosar que non permitirán que os seus fillas e fillos queden sen atención sanitaria.

  • Publicado en Mondariz

Digna Rivas: “Das primarias sairá unha alternativa seria para o goberno de Redondela”

Mañá domingo, por primeira vez na súa historia, o PSdeG-Redondela celebrará unhas primarias para que, a militancia, elixa a persoa que encabezará a candidatura socialista nos comicios municipais de maio do 2019. Terán que elixir entre Olga Rodríguez e Digna Rivas e, polo tanto e pase o que pase mañá nas urnas, será a primeira vez que unha muller encabece unha candidatura socialista nunhas municipais no que é o cuarto municipio da provincia por número de habitantes.

Suscribirse a este canal RSS