Alfredo Estévez

Alfredo Estévez

URL del sitio web:

Lemas de campaña en Ponteareas, quen copia a quen?

"Cousas veredes, amigo Sancho..." dín que dicía o Quixote, para expresar o seu asombro por feitos inauditos –frase que, por certo, non aparece en ningún lugar da novela de Cervantes–. Esas "Cousas veredes" poderían aplicarse ao feito insólito de que o PP –a través das Novas Xeracións– acuse ao BNG de copiar o slogan popular do 2008, mentres que –pode que por iso de onde as dan as toman– o PSOE insta ao PP a que deixe de utilizar o lema que, dende a toma de posesión de Pedro Sánchez e seguindo a liña marcada polo PSOE federal, utilizan os socialistas.

Digna Rivas: "As promesas incumplidas do PP son unha falta de respecto á veciñanza"

A candidata á alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas e o deputado socialista no Parlamento de Galicia, Abel Losada, analizaron na tarde de hoxe, polo miúdo, os investimentos que os Orzamentos da Xunta de Galicia contemplan para Redondela e que son, segundo Losada, "claramente negativos no cuantitativo e cualitativamente son unha ferramenta electoral clara ao servizo do Partido Popular".

Cristina Fernández: "Non imos deixar morrer o rural e esperemos que ninguén o asasine"

A situación da unitaria de San Mateo de Oliveira, no concello de Ponteareas, a loita das nais e pais por manter aberto o centro e que os nenos e nenas poidan seguir vivindo nun entorno que lles é familiar, vén de poñer un punto de atención sobre a situación global do ensino nun rural cada día máis despoboado e cunha veciñanza que mira, con evidente preocupación, a diminución duns servizos básicos imprescindibles para manter unha calidade de vida digna.

Suscribirse a este canal RSS