«Mos Rehabilita» formará en albanelería e xardinería a 20 persoas desempregadas

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López–Chaves, achegouse hoxe ata a Axencia de Colocación de Mos para darlles a benvida aos 20 alumnos e alumnas que iniciaron a súa formación no «Mos Rehabilita», o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.

  • Publicado en Mos

O Goberno ponteareán á Xunta que explique a suspensión das obras da Avenida Castelao

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleira de Vías e Obras e Urbanismo, Chus Garrote, veñen de esixir á Xunta de Galicia e a concelleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, "unha explicación ante a orde de paralizar as obras menores de mellora da seguridade viaria na Avda Castelao previstas para realizar esta mesma semana". O vindeiro luns deberían comezar os traballos para cambiar o paso elevado desta rúa, á altura do edificio 15 de maio, para reubicalo e ademais facelo elevado.

O Goberno de Ponteareas traslada ao empresariado "os recortes da Xunta no PXOM"

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de urbanismo, Chus Garrote, reuníronse onte co empresariado para dar a coñecer o impacto nos ámbitos industriais "dos recortes impostos pola Xunta no PXOM". ámbolos dous aproveitaron para transmitir "o seu descontento e desacordo coa decisión do Goberno galego de modificar e recortar o Plan aprobado por PP, BNG e PSOE en 2016".

A Xunta redactará o proxecto da Variante de Ponteareas cando Fomento comprométase a executala

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas o compromiso da Xunta de contratar a redacción do proxecto da Variante da vila en canto o Ministerio de Fomento asine o convenio polo que se compromete a executala e financiala. Vázquez Mourelle reuniuse esta tarde co rexedor municipal e expresoulle "a vontade do Executivo autonómico de asinar o antes posible o convenio de colaboración que faga posible esta infraestrutura".

O BNG presenta emendas ao “apagón inversor” da Xunta en Ponteareas

O BNG, a través do deputado no Parlamento Galego Luís Bará, deu a coñecer en Ponteareas as emendas que presentará aos Orzamentos da Xunta para 2019. Acompañado polo alcalde, Xosé Represas, e membros do BNG da localidade, Bará denunciou o “apagón inversor da Xunta en Ponteareas, froito do sectarismo e partidismo do goberno do PP que intenta castigar por motivos políticos ás veciñas e veciños dun concello no que goberna o BNG”.

A Xunta adxudica as obras de mellora do IES Escola Proval de Nigrán

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar por máis de 83.000 euros as obras de mellora dos aseos e vestiarios do IES Escolas Proval no Concello de Nigrán. Uns traballos que consistirán no acondicionamento na planta baixa dun espazo de 109,10 metros cadrados no que se localizarán tres vestiarios independentes; un masculino, outro feminino e un terceiro adaptado.

  • Publicado en Nigrán

Mondariz reclama á Xunta o arranxo das estradas de titularidade autonómica

O Concello de Mondariz vén de reclamar á Xunta de Galicia o arranxo de catro viarios de titularidade autonómica que atravesan o centro urbano de Mondariz e que son moi utilizados pola veciñanza, tanto a pe como en coche. Ditas vías teñen unha enorme importancia ao ser “estradas vertebradoras do centro urbano de Mondariz”, segundo sinala o informe elaborado por un enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos a petición do Executivo que preside Xoán Carlos Montes Bugarín.

  • Publicado en Mondariz

O PSOE denuncia que "nin un só euro para Salceda nos orzamentos da Xunta"

Despois da xuntanza mantida cos parlamentarios autonómicos, a voceira do PSdeG-PSOE en Salceda de Casleas, Verónica Tourón adiantou que o grupo socialista realizará emendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia, "que non reflexan para o ano 2019 nin un só euro para Salceda". “Os veciños e veciñas de Salceda, son unha vez máis esquecidos pola Xunta de Galicia”, afirma a voceira socialista despois de coñecer polo miúdo os orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano.

Suscribirse a este canal RSS