O BNG, denuncia o “trato discriminatorio” do Goberno de Redondela coa Batalla de Rande

A Conmemoración da Batalla de Rande leva trazas de converterse precisamente niso, nunha batalla en toda regra, cando menos na política municipal redondelá. Se onte era o Goberno local o que acusaba á oposición de “boicotear” os actos culturais e deportivos bloquedando unha proposta de modificación orzamentaria, hoxe son os nacionalistas os que acusan ao Goberno de Redondela de aplicar “un trato discriminatorio” á Conmemoración da Batalla de Rande.

O BNG de Redondela denuncia o "abandono" do barrio de Eidos

O BNG de Redondela, a través so seu portavoz, Xoán Carlos González, denunciou o "estado de abandono" do barrio de eidos que, segundo o concelleiro nacionalista "o Goberno local converteu nun barrio dormitorio", renunciando a poñer en marcha “medidas de humanización e espazos de encontro veciñal”.

O BNG de Redondela pide “a reformulación” das Ludotecas de Verán

O portavoz do BNG de Redondela, Xoán Carlos González, vén de pedir a reformulación das Ludotecas Municipais de Verán “para que verdadeiramente lle dean resposta á conciliación da vida familiar a laborral”. González pide, ademais que as actividades lúdicas e formativas destas ludotecas, “esténdanse a todo o período estival”.

O BNG de Redondela solicita información sobre a Carreira de Buxos de San Simón

O Bloque Nacionalista Galego de Redondela, a través do seu portavoz Xoán Carlos González, vén de amosar a súa preocupación polo avance do parásito Taladro do Buxo, que podería afectar a unha das formacións arbóreas "máis distintivas e singulares" do concello como é a da Carreira de Buxos da illa de San Simón. Lembra González que se trata dunha praga provocada por unha larva de procedencia asiática, que está a mermar a poboación de buxos da nosa contorna.

O BNG de Redondela, satisfeito polo que cualifica "cambio de actitude do alcalde"

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego en Redondela, Xoán Carlos González, amosou a súa satisfacción polo encontro mantido, a pasada semana, entre distintos membros do Goberno local de Redondela, encabezados polo alcalde Javier Bas, e o deputado de Vías e Obras, Uxío Benítez. Segundo González, a xuntanza "é maneira axeitada de traballar a prol dos intereses dos veciños e veciñas”.

Suscribirse a este canal RSS