A Guarda conta con dúas mesas para a práctica do Xadréz ao aire libre

O Concello da Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de Xadréz cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do Xadréz, ofertando ademais dun servizo de préstamo de fichas de Xadréz e Damas na recepción do Centro Cultural.

  • Publicado en A Guarda

O Club Xadrez Mos organiza o seu Torneo de Nadal

O Club Xadrez Mos organiza o seu tradicional JTorneo de Nadal» que se celebrará os próximos días 29 e 30 de decembro no Centro Dotacional de Torroso. A inscrición está aberta aos xogadores e xogadoras que estean en posesión da correspondente licenza federativa en vigor para a tempada 2018. O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de decembro e o cupo máximo de participantes o establece a organización en 100 xogadores e xogadoras.

  • Publicado en Mos

Positivos resultados do Club Xadrez Mos no Campionato do Mundo

O 15 de novembro, chegaba ao seu fin cara ás 22:00 horas, o Campionato do Mundo de Xadrez Cadete; que durante dúas semanas celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, dúas semanas que, segundo o prpio Club Xadrez Mos "estiveron cargadas de experiencias inesquecibles, emocións, amizades e de moito xadrez de moi alto nivel”. O club mosense competía neste mundial con 15 mozos e mozas que acadaron uns resultados moi positivos.

  • Publicado en Mos

«VII Torneo Dani da Rocha Prol», as promesas do xadrez cítanse en Nigrán

O Club de Xadrez Laroca, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza un ano máis o «VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol», pertencente ao XIII Circuito Gallego de Ajedrez Promoción, e que terá lugar durante todo o sábado no Pavillón Municipal de Panxón. Centos de xóvenes xedrecistas participarán nesta competición na que o club nigranés rende homenaxe ao seu compañeiro Dani da Rocha, falecido en 2011. Como no ano anterior, pídese como custe da inscrición unha achega para o banco de alimentos municipal de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán

O IES Val do Tea acolle o «V Torneo de Xadrez Ramiro Sabell»

A concellería de Ensino e a concellería de Deportes do concello de Ponteareas, que xestionan a nacionalista Cristina Fernández e o socialista Benito Márquez, presentaron xunto a Yudania Hernández, ─directora do Torneo e membro do Club Xadrez Ramiro Sabell─ e Fernando Rama, o «V Torneo Xadrez Ramiro Sabell» organizado polo Club Xadrez Ramiro Sabell.

Corenta e seis participantes na «IV Liga Interescolar de Xadrez Concello de Mos»

O pasado domingo, 29 de abril, celebrouse a cuarta edición da «Liga Interescolar Concello de Mos» que desenvolveuse no Centro Dotacional de Torroso coa participación de corenta e seis nenos e nenas en idade escolar e que cursan Educación Primaria e Secundaria no Concello de Mos. Tamén participaron aqueles alumnos e alumnas da «Escola do Club Xadrez Mos» que, a pesar de non pertencer a ningún centro do municipio mosense, sí compiten, adestran e son membros do Club mosense.

  • Publicado en Mos

Adrián Carpintero, gañador do II Torneo de Xadrez Intercentros de Ponteareas

Adrián Carpintero Muñoz do IES do Barral, vén de proclamarse gañador do II Torneo de Xadrez Intercentros no que participan os tres centros de secundaria de Ponteareas. A concelleira de Ensino, a nacionalistas Cristina Fernández e o concelleiro de Deportes, o socialista Benito Márquez, asistiron convidados á celebración deste segundo torneo no que Héctor González Rodiño quedou no segundo posto e Roi Castro Calvar no terceiro posto, ambos do IES do Barral. No torneo, arbitrado por Alejandro de León, participaron un total de cincuenta mozos e mozas.

Suscribirse a este canal RSS