«La Manada», persoas non gratas en Ponteareas a iniciativa do BNG

A través dunha iniciativa do BNG, defendida no Pleno pola concelleira de Igualdade e Benestar Social, Verónica Carrera, Ponteareas declarou por unanimidade persoas non gratas aos cinco integrantes da autodenomindada «Manada». Os cinco agresores foron condenados por ter sometido a unha moza de 18 anos a reiterados actos sexuais, por parte de todos eles, en contra da súa vontade e facendo uso da súa condición de superioridade numérica, física e de idade.

Uxía na Guarda, no programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero»

A deputada provincial de Emprego, Montse Magallanes, e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, asistirán este xoves 19 de xullo, ás 21:00 horas na Praza do Reló, á décimo sétima intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero» da Deputación de Pontevedra, a iniciativa provincial para darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas e dar a coñecer a novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

«Rompe. Xoga en igualdade» reclama en Mondariz o fin da violencia machista

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, e o alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, inauguraron este mediodía na Praza de Abastos, a mostra «Rompe. Xoga en Igualdade», que poderá verse ata o vindeiro día 29 de xullo. A exposición está protagonizada polas famosas bonecas «Barbis intervidas» para amosar así situacións de desigualdade, violencia e discriminación que aínda hoxe, en pleno século XXI, viven as mulleres dende nenas. No acto tamén participaron as artistas creadoras da exposición, Isabel Blanco e Irene Silva.

Taller de Kung-Fu dirixido á defensa persoal feminina en Arbo

O Concello de Arbo acaba de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o segundo taller de Kung-Fu dirixido a Defensa Persoal Feminina. Esta segunda edición convócase dada a afluencia e demanda das participantes no curso realizado no mes de abril, e para seguir avanzando nesta iniciativa. As inscripcións realizaranse nas oficinas municipais do Concello de Arbo, tamén se poden descargar na web do Concello e reenviar cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

  • Publicado en Arbo

«Mulleres en Acción. Violencia Zero», o berro contra as violencias machistas en Gondomar

O Concello de Gondomar acollerá este mércores 20 de xuño, ás 12:00h na Praza do Concello, á décimo cuarta intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero», iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Concentración nos xulgados de Ponteareas en protesta pola sentenza da «Manada»

As 20 horas de hoxe xoves 26 de abril, está convocada unha concentración diante dos xulgados de Ponteareas, en protesta pola sentencia ditada contra a autodenominada «La Manada», acusados de violar en grupo a unha moza de 18 anos durante os «San Fermines» de 2016. A sentenza ditada contra eles, de nove anos de cárcere por considerar os xuices que houbo "un caso de abuso sexual continuado" pero non de violación, non só supón un insulto contra as mulleres, senón contra toda unha sociedade cada día máis asqueada deste tipo de comportamentos.

Carmela Silva invita ao alumnado da Cañiza a unha "loita conxunta contra o machismo"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, e a deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistiu este luns á décima intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero», unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Redondela concéntrase o luns contra a Violencia de Xénero

Unha vez máis, de xeito incansable, Redondela concentrarase esixindo o fin da lacra social que supón a violencia machista. A concentración terá lugar mañá luns, 12 de marzo, ás 20 horas na Praza do Concello. A iniciativa, que parte da Concellería de Muller e Igualdade que dirixe Teresa París, estaba convocada, inicialmente, para o pasado luns 5 de marzo pero as condicións meteorolóxicas adversas, obrigaron ao seu aprazamento.

Suscribirse a este canal RSS