I Forum Transfronterizo

«Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero»

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o día 23 de maio o prazo de inscrición para participar na xornada «Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero», organizada pola Deputación, Concello de Pontevedra e Universidade de Vigo, e enmarcada na Escola de Igualdade María Vinyals.

Douscentos estudantes de Primaria de Tomiño traballan a igualdade na aula

O Concello de Tomiño continúa traballando no eido educativo para conseguir a sensibilización en temas de igualdade e a prevención da violencia de xénero entre nenos, nenas e adolescentes de todos os centros educativos. A acción, organizada polo Programa Municipal de Igualdade da Concellería de Benestar Social, enmárcase no Programa de Intervención nos centros educativos para a sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero, convocado pola Área de Igualdade da Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Tomiño

Redondela concéntrase o luns contra a Violencia de Xénero

Unha vez máis, de xeito incansable, Redondela concentrarase esixindo o fin da lacra social que supón a violencia machista. A concentración terá lugar mañá luns, 12 de marzo, ás 20 horas na Praza do Concello. A iniciativa, que parte da Concellería de Muller e Igualdade que dirixe Teresa París, estaba convocada, inicialmente, para o pasado luns 5 de marzo pero as condicións meteorolóxicas adversas, obrigaron ao seu aprazamento.

A Mesa contra a Violencia de Xénero propón elaborar un Protocolo de actuación

A Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero de Tomiño reúnese por primeira vez tras a súa constitución este venres 23 de febreiro cun obxectivo claro: propoñer a elaboración dun «Protocolo de coordinación contra a violencia de xénero do concello de Tomiño», segundo o documento remitido pola Oficina de Igualdade tomiñesa a todos os integrantes desta mesa. Esta proposta xustifica a necesidade da creación dun protocolo de actuación conxunto neste ámbito e establece as distintas pautas a seguir para a súa elaboración coas achegas de todos os sectores implicados.

  • Publicado en Tomiño

Redondela concentrarase un mes máis en contra da Violencia de Xénero

O vindeiro luns, 15 de xaneiro, Corporación Municipal de Redondela e veciñanza, concentraranse ás 19:30 horas diante da Casa Consistorial para esixir, como o fan todos os meses, o remate da senrazón que supón a violencia de xénero. As concentracións, promovidas pola concellería de Muller e Igualdade que dirixe Teresa París, buscan dar visibilidade a esta lacra social e sensibilizar á poboación de que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, é tarefa de todos e todas.

Mos enche o pavillón «Óscar Pereiro» na zumba contra a violencia

Onte domingo 26 de novembro o Pavillón «Óscar Pereiro» acollía a terceira edición de «Móvete Contra a Violencia, Clase Colectiva de Zumba», que este ano contou coa divertida participación da actriz e humorista da TVG e integrante do elenco do programa Land Rober, Eva Iglesias, que amadriñou o evento deportivo.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS