A Deputación construirá un muro de contención na rúa Mon y Landa de Crecente

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai construír un novo muro de contención na rúa Mon y Landa do Concello de Crecente para estabilizar un noiro e evitar o esvaramento da calzada nun treito duns cen metros de lonxitude na estrada provincial EP-5005 Cañiza-Pousa. O deputado Uxío Benítez explica que as obras consistirán na construción dun novo terraplén e dun muro de escollera que permitirán conter as terras nas que se asenta a vía garantir o tránsito de vehículos e de peóns con seguranza viaria.

  • Publicado en Crecente

As estradas provinciais precisaron de medio milleiro de actuacións de emerxencia no 2018

As brigadas de conservación e mantemento da mobilidade na rede de estradas provinciais realizaron ao longo do ano 2018 un total de 478 actuacións de emerxencia, unha cifra máis baixa que a dos tres anteriores exercicios debido á redución das incidencias por causas meteorolóxicas. As borrascas, de menor intensidade, crearon menos complicacións e non foi preciso facer tantas saídas por asolagamentos, retirada de árbores, nevadas ou inundacións o que motivou, segundo confirmou o deputado responsable do departamento de Mobilidade, Uxío Benítez, que as actuacións por accidentes de tráfico volveran ser as máis numerosas.

Carmela Silva cualifica de "históricos" os investimentos da Deputación no Baixo Miño

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer onte nunha comparecencia de prensa no Mercado de Tomiño, os investimentos realizados pola administración provincial na Comarca do Baixo Miño. Na súa comparecencia, a presidenta da Deputación estivo acompañada pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola deputada de Emprego e concelleira na Guarda, Montserrat Magallanes e polo deputado de Mobilidade e concelleiro de Tomiño, Uxío Benítez.

A Deputación rehabilitará a antiga ponte das Achas na Cañiza

A Deputación de Pontevedra vai rehabilitar a antiga Ponte das Achas en A Cañiza. Así o confirmou hoxe o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, quen manifestou que o departamento que dirixe xa ten en marcha a contratación dun proxecto para recuperar e poñer en valor da toda a contorna do vello viaduto agora que está en desuso trala construción da nova ponte sobre o río Deva.

Uxío Benitez presenta en Bruxelas a estratexia «Río Miño 2030»

Tras dúas xornadas de traballo, a visita institucional da AECT Río Miño a Bruxelas rematou hoxe cunha serie de reunións co Comité das Rexións e na sede da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG Regio) nas que, segundo informou o director da AECT Río Miño e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, déronse a coñecer os proxectos que a agrupación está desenvolver neste momento, así como os seus plans de futuro, recibindo unha acollida moi positiva por parte dos diferentes estamentos europeos.

A Deputación destina máis de 756.000 euros á mellora da estrada Ponteareas–As Neves

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai destinar máis de 756.000 euros á mellora dos case trece quilómetros da estrada provincial EP-4006 Ponteareas-As Neves, dentro dos municipios de Ponteareas, As Neves e Salvaterra de Miño. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, a Xunta de Goberno provincial aprobou este venres pasado o proxecto de execución, que agora pasa a contratación co fin de rematar as obras na primavera de 2019.

A Deputación mellora a estrada provincial Celeiros-Oliveira en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, rematará nas próximas xornadas a rehabilitación do firme da estrada provincial EP-4002 Celeiros-Oliveira, dentro do termo municipal de Ponteareas. A actuación, segundo explica o deputado Uxío Benítez, supón a mellora duns 6.380 metros cadrados de aglomerado ao longo de diferentes puntos da vía, e está enmarcada dentro do Plan de Conservación de Firmes que a institución provincial estreou este ano.

Arrancan as obras de reforma integral da rúa Concepción Arenal na Guarda

As obras de reforma integral da rúa Concepción Arenal en A Guarda xa están en marcha. A empresa «Obras, Reformas e Saneamentos SL» está xa a traballar no proxecto de Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na EP-3401 de acceso ao porto que está a desenvolver o departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, as obras durarán uns oito meses e nestas primeiras semanas centraranse na renovación do saneamento, o abastecemento e nas canalizacións de pluviais na praza Avelino Vicente.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS