I Forum Transfronterizo

O PXOM de Redondela, a Avaliación Ambiental

A Xunta de Galicia vén de abrir o período de consultas do trámite de avaliación ambiental estratéxica do PXOM de Rredondela. Durante dous poderánse presentar observacións e suxestións ao borrador do plan e Documento Inicial Estratéxico que, tal e como informa o Concello que preside Javier Bas, están colgados en web da Xunta.

Nigrán reanuda a redacción do PXOM logo da aprobación plenaria á cesión

O Concello de Nigrán poderá retomar os traballos de redacción do PXOM despois de que a cesión do contrato de Eptisa a Alfonso Botana S.L. fose aprobada no pleno extraordinario de hoxe cos votos a favor do goberno, en contra de Nigrán Decide e a abstención dos demais grupos. A cuestión regresaba dúas semanas despois a pleno tras ampliar o goberno a documentación coa proposta de cesión, tal e como lle solicitara a oposición.

  • Publicado en Nigrán

Tui convoca un concurso de ideas para mellorar a interrelación do río coa cidade

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, presentou esta mañá xunto ao presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo e ao vogal da Xunta de Goberno do COAG, Simón Pereiro, a proposta preliminar de convocatoria dun concurso internacional de ideas de reordenación do fronte fluvial. Tamén estivo presente o concelleiro Antonio Castro. Vázquez Padín, indicou que formulan esta convocatoria tendo en conta que o río é un dos grandes activos que ten Tui.

  • Publicado en Tui

O PXOM de Nigrán nunha encrucillada histórica

Ou hai unha cesión do contrato de redacción do PXOM "ou o documento cae nun precipicio inasumible tras 25 anos de tramitación e seis corporacións diferentes. Nigrán non pode agardar máis. Como Goberno actuamos consecuentemente e pedimos a mesma responsabilidade ao resto da corporación", asegurou o alcalde Juan González, ao anunciar que o Executivo levará a Pleno a cesión do contrato de redacción do PXOM á empresa «Alfonso Botana S.L.»,

  • Publicado en Nigrán

UCN denuncia a “utilización política” do PP co urbanismo de Nigrán

O portavoz do partido independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, vén de denunciar o que cualifica de "utilización política que está a facer o grupo municipal do PP co urbanismo de Nigrán". Fernández Comesaña asegura que o voto en contra dos populares á modificación puntual número 25 das Normas Subsidiarias nunha actitude que cualificou de "bochornosa", "impide aprobar inicialmente unha modificación que beneficia maioritariamente aos veciños de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán

PP e Nigrán Decide deixan a Nigrán sen orzamento e modificación das normas subsidiarias

O alcalde de Nigrán, Juan González, lamentou que a un ano das eleccións “Partido Popular e Nigrán Decide antepoñan os intereses do partido por enriba do dos cidadáns”, logo de que ámbolos dous partidos, co seu voto en contra, impedisen a modificación número 25 das Normas Subsidiarias que rexen o planeamento de Nigrán dende 1991, cuestión que require de maioría absoluta para saír adiante e que, legalmente, non se pode volver a levar a pleno.

  • Publicado en Nigrán

A arte floral inspira ao estudio gañador da renovación da Praza de Bugallal

O estudio de arquitectura Abalo Alonso Arquitectos vén de gañar o concurso para realizar o proxecto de renovación da Praza de Bugallal, e o fai cunha proposta que volve ás orixes da praza e que atopou a súa inspiración na simboloxía das alfombras florais, os arquitectos Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso serán os encargados de realizar o deseño da renovación desta céntrica praza.

"A renovación da praza máis céntrica de Ponteareas conta cun xurado de luxo"

O Goberno local de Ponteareas asegurou hoxe que a renovación da Praza de Bugallal conta "cun xurado de luxo" ao contar entre os seus membros a unha das dúas catedráticas de Urbanismo que hai en España, ao gañador do premio FAD, unha arquitecta de Patrimonio da Xunta de Galicia e un membro do Colexio de Enxeñeiros, amais da arquitecta e o enxeñeiro municipal.

Suscribirse a este canal RSS