O PSdeG-Redondela culpa ao Goberno local da eliminación da «tarxeta verde» de Vitrasa

O PSdeG-Redondela acusou ao Goberno local de “falta de xestión” logo de coñecerse que, a partir do vindeiro 1 de marzo, os veciños e veciñas de Chapela, non poderán utilizar as tarxetas verdes de Vitrasa ao implantar a Vigo un novo sistema de tarxeta que permitirá o acceso ao autobús urbano, amais doutros beneficios na cidade, pero só será accesible para as persoas empadroadas na cidade olívica.

O bus urbano de Mos cumpre un ano

O Bus Urbano de Mos, que comezou a operar o 24 de outubro de 2016, celebrará este primeiro ano con melloras no servizo, que foron anunciadas pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e pola concelleira de Mobilidade, Julia Loureiro. Entre as novidades, amais do incremento de frecuencias e liñas, está a de achegar á veciñanza ata a zona de compras en «As Angustias».

  • Publicado en Mos

A Policía Local de Mos controla as incidencias do Transporte Público de Galicia

A Policía Local de Mos, a instancias da alcaldesa Nidia Arévalo, leva unha semana controlando a prestación do serviazo do Transporte Público de Galicia e emitindo, diariamente, informes sobre o cumprimento dos horarios, as paradas e calquera outra incidencia que afecte ao servizo autonómico de transporte público.

  • Publicado en Mos

Salceda loita contra un Plan de Transporte que reduce drásticamente as frecuencias de autobuses

O Concello de Salceda de Caselas, ven de presentar varios escritos, manifestando as súas discrepancias co Plan de Transporte XG-521 «Salvaterra de Miño-Vigo con anexos». O 22 de xuño de 2017 o Concello de Salceda de Caselas presentou un escrito ante a Dirección Xeral de Mobilidade, para mostrar a súa discrepancia coa Resolución do 29 de maio de 2017 publicado no DOG o 30 de maio, do Anteproxecto XG-521 «Salvaterra de Miño-Vigo con anexos», no que se contemplaba a desaparición de 14 fecuencias de autobuses (idas e voltas), que representaban o 50% das liñas existentes na actualidade.

Ponteareas e Mondariz rexeitan os recortes no transporte público

Ponteareas e Mondariz, dous dos concellos seriamente afectados polos recortes nas liñas de transporte público, amosaron onte de xeito unánime o seu rexeitamento á desaparición das liñas e as medidas a adoptar na reclamación da reposición das liñas. En concreto, os dous concellos e representantes dos usuarios e usuarias piden que a regularidade das liñas sexa a existente antes do pasado 8 de agosto, data a partir da que se produciron os recortes.

Ponteareas esixe a reposición do servizo de transporte público

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, vén de convocar a todos os usuarios e usuarias do transporte público a unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores día 30 ás 20:30 horas no salón de plenos. Á reunión asistirán representantes do concello de Mondariz, un dos concellos máis afectados pola nova redistribución do servizo de transporte público, e distintos colectivos afectados.

O Porriño comeza o luns a recuperación das 'marquesinas' da Avenida de Galicia

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Porriño iniciará, nesta vindeira semana, o adecentamento e recuperación integral das ‘marquesinas’ das paradas dos autobuses, na Avenida de Galicia que, segundo lembra o concelleiro Manuel Carrera, “levan en estado de abandono varios anos nos que non se fixo ningún traballo de mantemento”.

A Comisión de Estudo do transporte municipal celebra a súa reunión constitutiva

O pasado luns reuniuse en Mos, por primeira vez, a Comisión de Estudo do transporte municipal que ten como obxectivo a elaboración dunha memoria para valorar o establecemento do devandito servizo público. Dita memoria deberá constar de varios documentos tales como: o regulamento polo que se rexirá o servizo, unha valoración dos aspectos xurídicos da contratación e establecemento do tipo de xestión do servizo; e un estudo económico de costes.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS