15 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasTransportes somete a información pública a modificación do proxecto de mellora á...

    Transportes somete a información pública a modificación do proxecto de mellora á seguridade viaria da N-120 en Ponteareas

    Tras os cambios realizados, as obras contemplan a construción de dúas glorietas máis, a ampliación das sendas peonís previstas e unha nova reordenación dos accesos

    O Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible somete a información pública a modificación do proxecto de trazado para mellorar a seguridade viaria da estrada N-120 en Ponteareas, tras publicar hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE) a aprobación provisional do documento complementario ao devandito proxecto.

    Tras os cambios realizados, recollidos no documento complementario, o proxecto inclúe a construción de dúas glorietas máis, a ampliación das sendas peonís previstas ao redor das glorietas e unha nova reordenación dos accesos á vía.

    Zona de actuación da mellora da N-120 ao seu paso por Ponteareas

    As obras contan cun orzamento de estimado de 3,35 millóns de euros (IVE incluído) e levarán a cabo no tramo da estrada N-120 comprendido entre o núcleo urbano de Ponteareas e a intersección do Confurco (aproximadamente de 5 km de lonxitude). As principais actuacións desenvolvidas no proxecto inicial son as seguintes:

    • Acondicionamento de interseccións mediante a implantación de seis glorietas.
    • Reordenación de accesos.
    • Execución dunha senda peonil anexa á estrada.
    • Extensión dunha nova capa de rodadura en todo o tramo.
    • Adecuación da sinalización, o balizamento e as defensas á nova solución.

    As modificacións incluídas neste documento complementario, en base ás alegacións admitidas no trámite de información pública, recollen, entre outras cousas:

    • O deseño de dúas novas glorietas, unha no km 645,060 e outra no km 646,670. Así, en total, construiranse oito glorietas,
    • Ampliación da senda peonil na contorna da glorieta do km 645,400.
    • Ampliación da senda peonil na contorna da glorieta do km 648,640.
    • Unha nova reordenación de accesos á estrada N-120.
    • Iluminación das novas glorietas con luminarias LED, que se complementará con reforzo lumínico nos pasos de peóns, na contorna das glorietas para dar continuidade ao itinerario peonil.

    Esta actuación inclúese no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que se investiron máis de 65 millóns de euros desde xuño de 2018 na provincia de Pontevedra.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.