Segundo o PSOE de Ponteareas o PXOM recolle "un gran parking"

O PSOE de Ponteareas asegura que Belén Villar, portavoz do Partido Popular, "mentiu publicamente aos veciños" ao cualificar de "parche temporal o parking" de Granitos cando o PXOM prevé un aparcamento soterrado e en superficie ademáis da praza peonil. A portavoz socialista, Chus Garrote, considera que a edil do PP "actuou de mala fe" e "mentiu intencionadamente" para desprestixiar a boa xestión do Goberno municipal.

Últimos días para que a cidadanía propoña nomes para a variante de Tomiño

A cidadanía de Tomiño aínda está en prazo para enviar propostas para bautizar a variante que circinvalará o núcleo do Seixo, unha vía que permitirá redefinir o casco urbano de Tomiño ao eliminar o paso do tráfico pesado polo centro urbano da vila. Ata o vindeiro 15 de xaneiro todas as persoas interesadas poderán achegar as súas ideas de forma virtual a través do espazo habilitado na web do concello ou de forma presencial enchendo unha tarxeta con nome e deixándoa na caixas instaladas no Mercado Municipal de Tomiño e na propia Casa Consistorial.

  • Publicado en Tomiño

A Vaqueira, un barrio do Porriño 'dividido' por unha liña continua

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañou este mércores pasado na estrada PO-510, aos veciños e veciñas do barrio da Vaqueira, na parroquia de Budiño, para esixir de novo á Xunta de Galicia, que dea una solución aos porriñeses que viven neste barrio, “que fica dividido por unha liña continua na estrada que fai imposible aos coches xirar para chegar ás casas ou negocios e cruzar aos peóns”.

Salceda crea 200 novas prazas de aparcamento gratuíto

O Concello de Salceda de Caselas está a rematar a adecuación dunha nova zona de aparcamento no entorno da Praza da Devesa. O novo espazo, que suma máis de 6.000 metros cadrados e supón a creación de 200 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estará dispoñible para ser usado nas vindeiras semanas. A alcaldesa accidental, Loli Castiñeira, subliñou que accións deste tipo contribúen, entre outras cousas, "á potenciación do comercio local".

Baiona amplía a zona azul gratuíta ás rúas recentemente humanizadas

Baiona amplía a súa zona azul gratuíta outras tres zonas. Trátase das recentemente humanizadas rúas Marqués de Quintanar, Laureano Salgado, e Ciudad de Vigo. En canto á rúa Marques de Quintanar o uso do novo dispositivo será obrigatorio desde a Glorieta de Colón ata a confluencia coa PO-552, concretamente os números 1 e 2 ao 10 e 25. En Laureano Salgado os números 1 e 2 ao 9 e 14, mentres que en Coidade de Vigo será en toda a rúa.

  • Publicado en Baiona

O 1 de setembro comeza a funcionar de novo a Zona Azul de Ponteareas

A Concellería de Tráfico, que xestiona a concelleira Vanesa Fernández, vén de lembrar a toda a cidadanía de Ponteareas e aos visitantes que se acheguen á vila, que dende o 1 de setembro, será obrigatorio o cumprimento da Ordenanza reguladora de estacionamento de Zona Azul, polo que a Policía Local poderá denunciar a todos os vehículos que cometan infraccións á mesma, sendo obrigatorio a colocación do ticket nun lugar visible do vehículo.

Suscribirse a este canal RSS