Eva García "asume persoalmente" a solución aos problemas do edificio de Torneiros

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de asumir, persoalmente, a solución ao “gravísimo” problema de filtracións de auga que están a padecer, dende hai anos, os veciños dun edificio da Fase V de Torneiros. A Alcaldesa, que visitou varias veces o lugar e mantivo entrevistas e xuntanzas cos habitantes do inmoble, comprobou que, tal e coma sinalan os informes dos técnicos municipais, o “estado da terraza é desastroso".

As obras de saneamento do Contrasto, no Porriño, chegan á «Zona Cero»

O Concello do Porriño vai comezar as obras da saneamento na «zona cero» do Contrasto, en Torneiros, onde hai meses aparecerán refugallos de lindano. Por ese motivo este pasado mércores a alcaldesa, Eva García de la Torre, mantivo unha xuntanza, no mesmo lugar, con representantes da empresa que vai realizar os traballos, a enxeñeira encargada, o director de obra, o coordinador de seguridade e saúde da obra, un técnico do Consorcio de Augas do Louro e o xefe da Policía Local.

A Xunta da o visto e prace ás obras da Escola Infantil do Porriño-Torneiros

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, vén de dar o visto e prace ás obras de reparación na escola infantil de O Porriño-Torneiros cun investimento de 37.77,53 euros. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar informou favorablemente sobre as intervencións de mellora propostas polo Concello do Porriño para este centro pertencente á rede “Galiña Azul”, co obxectivo de arranxar as deficiencias detectadas, especialmente de filtracións da cuberta.

O BNG do Porriño abre en Torneiros unha rolda de xuntanzas nas parroquias

O BNG do Porriño comezará en Torneiros unha unha rolda de reunións, abertas a toda a veciñanza e aos colectivos parroquiais, coas que os nacionalistas buscan recoller peticións e tamén ofrecer información sobre as iniciativas que levarán a cabo no ámbito municipal. A xuntanza será este venres, 20 de abril, no local da AVV San Salvador de Torneiros, ás 20:00h.

Acordonada unha zona do polígono de Torneiros por unha fuga de gas

Os bombeiros do Porriño desprazáronse na tarde de hoxe ata o polígono industrial de Torneiros logo de ser avisados da rotura dun conduto de gas a consecuencia dunha obras que se estaban a realizar nas inmediacións dun supermercado. Foron precixamente os traballadores os que, cara as 17:30 horas de hoxe, alertaron aos servizos de emerxencia do 112 Galicia, mobilizando estes tanto aos bombeiros do Porriño como á Policía Local do Porriño e Vigo amais de Protección Civil.

O Porriño adecenta Torneiros chegando a lugares "que non se tocaran nunca"

O Concello está a levar a cabo unha completa labor de limpeza no Porriño, traballos que, como adiantara hai unhas semanas a alcaldesa, Eva García de la Torre, chegará a todas as parroquias. Nas mesmas estase a completar o desborde dos camiños, corte de maleza, retirada de silvas, saneamento de pontes e sendas, corte de herbas, roza, poda de árbores, mellora dos xardíns, arranxo de parques, aviado de pistas e beiravías ou colocación e baldeado de colectores do lixo.

Suscribirse a este canal RSS