Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con autismo

O Concello de Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA). Trátase, concretamente, de confeccionar un plan de comunicación a través de pictogramas (debuxos sinxelos e esquemáticos descritivos da realidade) que se levará a cabo en todos os colexios de Educación Primaria e Infantil do municipio. No caso de Tomiño, as persoas afectadas  por este trastorno e diagnosticadas, ascenden a 13 pero calcúlase que hai bastantes máis sen diagnosticar.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño creará un espazo público na contorna da igrexa de Amorín

Seguindo na liña de recuperación de espazos públicos nos núcleos de poboación, para disfrute dos cidadáns, o Concello de Tomiño, emprenderá a remodelación da contorna da Igrexa parroquial de San Xoán de Amorín. Este espazo público anexo ao adro, alberga na actualidade un palco de música e un cruceiro, e atópase pavimentado con aglomerado asfáltico, usándose como aparcamento, sen ofrecer seguridade suficiente para a veciñanza.

  • Publicado en Tomiño

Relevo na xefatura da Agrupación de Protección Civil de Tomiño

Iván Fernández toma o relevo a Francisco Bouzo na xefatura da Agrupación Protección Civil de Tomiño, un colectivo que no pasado ano 2018 realizou máis de 200 servizos entre operativos preventivos programados (en eventos deportivos, lúdicos, culturais) e intervencións directas (retirada de avespas, recollida de animais abandonados,  accidentes e incendios), sumando máis de 2.100 horas de voluntariado.

  • Publicado en Tomiño

Reunión da AFG en Tomiño sobre a ampliación da demarcación do nematodo do piñeiro

Ante a inquedanza que está a xerar entre as comunidades de montes e os propietarios forestais a ampliación da zona demarcada do nematodo do piñeiro, a Asociación Forestal de Galicia (AFG) manterá dúas reunións informativas de acceso libre con montes veciñais e propietarios afectados pola medida. O primeiro acto informativo celebrarase en Tomiño este sábado 16 a partir das 20 horas no salón de plenos do Concello de Tomiño (Praza do Seixo, número 1).

  • Publicado en Tomiño

Tomiño acolle unha estudante alemá en prácticas durante tres meses

Jessica Schröeder chegará ao Concello de Tomiño a vindeira semana desde Alemaña. Esta estudante universitaria da carreira de Administración Pública, realizará as súas prácticas no Concello de Tomiño, a través dun programa europeo. No marco dos seus estudos de Administración Pública na Universidade de Kehl (Alemaña), a estudante elixiu realizar as súas prácticas obrigatorias no Concello de Tomiño, aproveitando a existencia dun convenio de colaboración entre ambas as entidades.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira piden facilitar o desprazamento de menores na zona da fronteira

As Valedoras Transfronteirizas Cerveira-Tomiño, órgano que tenta garantir a defensa dos dereitod e intereses dos residentes como cidadáns europeos transfronteirizos, veñen de presentar un informe que busca conseguir a eliminación das barreiras de mobilidade transfronteiriza da infancia e mocidade. Piden, entre outras cousas, "estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local".

  • Publicado en Tomiño

A Xunta elixe tomiño para pechar o programa “21 días co galego e +”

A Secretaría Xeral de Política Lingüística escolleu Tomiño para pechar a campaña “21 días co galego e +”, un programa impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, e no que participaron so catro institutos de ensino secundario de Galicia, entre eles, o de Tomiño.

  • Publicado en Tomiño

Coral Regi, abre hoxe a Semana da Educación de Tomiño

A directora da Escola Virolai, Coral Regi, abre hoxe, no Auditorio de Goián, a cuarta Semana da Educación de Tomiño, que se alongará ata o vindeiro 7 de febreiro. A súa conferencia 'Xestión do cambio educativo-Máis aló das modas', abordará temas vencellados á transformación educativa e á innovación, ao liderazgo educativo e á xestión necesaria para conseguir unha maior calidade na educación.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS