San Simón acolle o VII Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador»

A Illa de San Simón, acollerá un ano máis o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador», que se desenvolverá entre o 1 e 6 de outubro. No obradoiro, promovido pola Consellería de Cultura e Educación e coordinado pola poeta e dinamizadora cultural galega Yolanda Castaño, participarán seis autores procedentes de lugares tan dispares como Galicia, o País Vasco, Portugal, Alemaña, India e Irak.

Redondela adquire 200 exemplares do boletín do Seminario de Estudos Redondeláns

O Concello de Redondela adquiriu esta semana 200 exemplares do Boletín publicado polo Seminario de Estudos Redondeláns que servirán como regalo institucional do Concello. Con este agasallo parte da cultura da vila será coñecida en distintas partes do mundo "xa que neste libro se fala de moitas das nosas tradiccións, da nosa historia, dos nosos símbolos", sinalou a concelleira Teresa París.

«Descobre Redondela» e «Coñecendo Redondela», novos recursos turísticos do Concello

Desde este mesmo mes, e coincidindo coa nova localización e imaxe da Oficina de Turismo do Concello de Redondela, a Concellería de Turismo que xestiona Teresa París vén de poñer a disposición de visitantes que se achegan ás novas instalacións dous novos recursos en forma de mapa e rueiro. Son, segundo o Concello, un xeito máis para dar a coñecer "máis en profundidade tanto os valores turísticos como os culturais e patrimoniais da vila como de todo o territorio que se comprende dentro do municipio choqueiro".

Redondela reinicia, o luns 2 de xullo, as visitas guiadas

As visitas guiadas gratuítas de Redondela, organizadas pola Concellería de Turismo que xestiona Teresa París, retómanse a partir do vindeiro luns 2 de xullo, logo da boa acollida que tiveron durante o pasado ano e que contaron cunha máis que salientable participación de veciños e veciñas. A iniciativa permite, a veciñanza e visitantes, coñecer a vila desde diferentes aspectos e puntos de interese. Persoal altamente cualificado explica os valores tanto históricos coma culturais e arquitectónicos, naturais, industriais e comerciais de Redondela.

Redondela prepárase para vivir a XXXII Festa do Choco esta fin de semana

Entre os días 11 e 13 de maio, Redondela celebrará a Festa do Choco, unha das súas celebracións máis tradicionais e que, por méritos propios ─con trinta e dúas edicións ás súas costas─ forma parte dos eventos gastronómicos máis salientables de Galicia. O marco incomparable do Museo de Interpretación da Batalla de Rande, Meirande, foi o lugar elixido para a presentación desta XXXII Festa do Choco.

Redondela concéntrase o luns contra a Violencia de Xénero

Unha vez máis, de xeito incansable, Redondela concentrarase esixindo o fin da lacra social que supón a violencia machista. A concentración terá lugar mañá luns, 12 de marzo, ás 20 horas na Praza do Concello. A iniciativa, que parte da Concellería de Muller e Igualdade que dirixe Teresa París, estaba convocada, inicialmente, para o pasado luns 5 de marzo pero as condicións meteorolóxicas adversas, obrigaron ao seu aprazamento.

As bibliotecas de Redondela intégranse na «Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia»

As bibliotecas públicas municipais de Redondela ─a Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela e a Axencia de Lectura Municipal de Chapela─ están a proceder á súa integración no novo sistema de xestión da «Rede e Bibliotecas Públicas de Galicia» que, entre outras moitas vantaxes, permitirá que os usuarios e usuarias gocen dun carné único que lles dará acceso a todos os fondos bibliográficos de todas as bibliotecas galegas incluídas nesta rede.

Suscribirse a este canal RSS