I Forum Transfronterizo

A Escola Municipal de Teatro consolídase coa creación dun grupo de adultos

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño foi consolidando a súa labor, que comezou hai preto dunha década, e que este curso sumou aos grupos infantil e xuvenís, un de adultos. A experiencia resultou un grande acerto. Así o testemuña a decena de actores (4) e actrices (6), con idades comprendidas entre os 25 e os 70 anos. A «profe» encargada é Beatriz González Campos, actriz, presentadora, narradora e directora teatral.

  • Publicado en Tomiño

Odaiko Teatro achega ás Neves a adaptación do primeiro libro de María Victoria Moreno

O Auditorio Municipal de As Neves acollerá ás 19 horas do domingo 3 de xuño a terceira representación de «Mar adiante», das dez que Odaiko Teatro está a levar pola provincia no marco do Ano da Lingua da Deputación de Pontevedra. A obra, que está indicada para público familiar, baséase no primeiro libro de contos publicado por María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, e combina representación escénica e musica.

«Limiar Teatro» leva a adaptación de «Anagnórise» á Cañiza

A Casa da Cultura da Cañiza acolle ás 16 horas do vindeiro luns a terceira representación de «Anagnórise», das dez que Limiar Teatro levará pola provincia no marco do Ano da Lingua da Deputación de Pontevedra. A obra, que está indicada para público maior de 14 anos, baséase nunha das obras máis coñecidas de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Familiares de usuarios deo Centro Juan María estrean mañá dúas obras teatrais en Nigrán

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle mañá sábado ás 18:00 horas a estrea de 'Que raio de vellas!' e 'Amor a primera vista', ambas obras de teatro escritas e interpretadas por pais e avós de usuarios do C.E.E. Juan María de Parada. A doble función terá un obxectivo benéfico, xa que se invita aos asistentes a realizar un donativo voluntario de 3 € que se destinará á compra de material para a aula de psicomotricidade.

  • Publicado en Nigrán

Mondariz Balneario acolle, o 1 de xuño, o espectáculo «Falar sen cancelas»

A Sala de Cultura do Concello de Mondariz Balneario acollerá, o venres, 1 de xuño, o espectáculo «Falar sen cancelas», un espectáculo de humor a cargo de tres excepcionais cómicos como Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, baixo a dirección de Diego Rei. A actividade, totalmente de balde, dará comezo ás 20 horas e está recomendada para maiores de 14 anos. Será un bo momento para pasar un rato ben divertido cuns monólogos "moi nosos".

A memoria social e persoal no «IES Antón Alonso Ríos» de Tomiño

O «IES Antón Alonso Ríos» de Tomiño, continúa desenvolvendo actividades encadradas na súa participación no Proxecto Erasmus Mémoire(s) sobre o patrimonio cultural e a memoria histórica dos seis países europeos que conforman esta iniciativa ─Alemania, España, Francia, Grecia, Italia y Portugal─ na que, por terceiro ano consecutivo, participa o instituto tomiñés.

  • Publicado en Tomiño

Alxén comeza hoxe venres, as súas XIX Xornadas de Teatro

O grupo de teatro «San Fins» coa posta en escena da obra «Descontrol Hospitalario» será o encargado de abrir, hoxe venres 11 de maio, ás 22:30 horas, as décimo novenas Xornadas de Teatro de Alxén que se desenvolverán na Casa Cultural desta parroquia de Salvaterra de Miño. As xornadas, organizadas pola agrupación de teatro Ata Sempre de Alxén, continuarán mañá sábado 12 de maio e alongaranse durante os vindeiros venres 18 de maio e sábado 19 de maio.

Suscribirse a este canal RSS