Obradoiro de «Marketing Dixital» do StartupVila de Redondela

O programa StartupVila, vén de organizar un obradoiro de Marketing Dixital, a cargo de Daniel Cerqueiro, que terá lugar o día 1 de setembro no espazo startupvila, na Casa da Cultura de Redondela, entre as 19 horas e as 21 horas. Daniel Cerqueiro, físico de formación, socio fundador e CMO de Phottic, startup de recuperación da memoria fotográfica, leva 13 anos vinculado ao marketing online.

Redondela busca recuperar a iniciativa emprendedora co proxecto «StartupVila de Redondela»

Redondela presentou hoxe a súa iniciativa StartupVila, coa que pretende impulsar o emprendemento e recuperar a iniciativa industrial e empresarial que, historicamente, caracterizou á vila dos viadutos. A Casa da Cultura foi o lugar elixido para a presentación desta iniciativa dinamizadora coa que intenta darse solucións “aos veciños e veciñas que desexan iniciar un proxecto emprendedor e que, as veces, atópanse cun mar de dificultades sen saber con certeza que pasos dar”, explicaba a concelleira de Desenvolvemento Local e alcaldesa accidental, Carmen Amoedo.

Suscribirse a este canal RSS